S.D. Compostela

Historia e evolución

Fundado no ano 1962, a SD Compostela converteuse pola súa traxectoria nun dos clubs máis relevantes de Galicia. Respaldado permanentemente pola súa afección, xogou en todas as categorías do fútbol español. Ata o momento, a súa etapa máis relucente transcorreu entre os anos 1994 e 1998 en onde militou na Primeira División. Polo Estadio de San Lázaro pasaron os mellores equipos e os mellores xogadores de España e o propio Compostela dispuxo nesa época de grandes futbolistas que permitiron o asentamento na categoría de ouro do fútbol español durante catro tempadas.

Pero o Club foi construíndo a súa historia desde as categorías inferiores. As primeiras tempadas desde a súa fundación, disputounas nas divisións rexionais, ata que logra o ascenso á Segunda División B no ano 1977. O Compostela comeza a configurar a súa etapa máis destacada no inicio da década dos anos noventa. Nesa data, acada a Segunda División e logra o ansiado ascenso a Primeira tres temporadas despois, concretamente na 93-94.

Tralo descenso de categoría, o Club entrou nunha situación convulsa debido aos malos resultados e as dificultades económicas que o conduciron a un novo descenso de categoría. Desta situación, recuperouse e volveu á Segunda División na tempada 2002-2003, pero a crítica situación económica e o impago de débedas, abocou ao Club á inestabilidade deportiva que finalizou coa súa disolución como Sociedade Anónima Deportiva (SAD). Non obstante, o equipo continuou vixente como entidade social e deportiva, militando na categoría de Rexional Preferente Norte e nas categorías inferiores.

Unha directiva renovada, procedente da área empresarial e profesional,  coñecedora do mundo futbolístico, fíxose cargo do equipo a comezos de 2011 tras adquirir todos os dereitos legais, solventar as débedas e lograr a recuperación do nome fundacional. A entidade volve a denominarse SD Compostela e ten entre os seus retos inmediatos volver ás categorías nacionais co apoio de toda a cidade e comarca.

Sempre Compos!