Julián: «Parte do éxito do equipo está no bo ambiente que se respira no vestiario»

22 de marzo de 2012

Julián Cristobo (Padrón, 04-05-1980) afronta o seu segundo ciclo no seno da S.D. Compostela. O dianteiro padronés volta ao Compostela despois do seu paso por diferentes equipos de Terceira División. Unha operación de apendicite a comezos de temporada mantívoo fóra de xogo durante dous meses. Agora, volta a saltar ao campo co firme obxectivo de contribuír no xogo do grupo.

A que te dedicas fóra dos terreos de xogo?
A traballar.  Actualmente é o que ocupa a maior parte do meu día. O tempo libre  que teño intento pasalo  coa xente que se preocupa por min e me quere.

En que invirtes o teu tempo de ocio?
Sobre todo a descansar, son moito de sofá. Pero, como xa dixen antes, estar en boa compañía tomando algo e falando é do mellor que se pode facer.

Cal é o teu recuncho preferido de Santiago ou Galicia?
Coñecedes Extramundi? Iso é do mellorciño que hai en Galicia. Gústame moito toda a zona vella de Santiago. A pesar de ser unha cidade pequena, Compostela ten moito encanto. Conta con recunchos moi fermosos: Bonaval, Alameda…

O teu xénero de cine favorito?
Pois un pouco de todo. Gústanme as películas que duran máis aló da súa proxección, esas que che acaban ensinando algo, que non te deixan indiferente.

Que tipo de música adoitas escoitar?
Maldita Nerea, Maná, Leiva…Cando me gusta algo non podo parar de escoitalo. Activo o modo bucle (risas). A miña compañeira de oficina pode confirmalo.

Maior virtude? Defecto?
Virtude? Iso déixoo para a xente que me coñece ben, pero atrévome a afirmar que son unha persoa humilde. Defecto? Inseguro, cabezón, tímido, diferente (aínda que ser diferente igual non é sempre un defecto).

A onde che gustaría viaxar?
A calquera lugar, gústame coñecer sitios. Aínda que, agora mesmo, dispoño de pouco tempo libre. Cando me retire do fútbol intentarei aproveitar e recuperar o tempo que ata agora me quitou. Desde pequecho sentín fascinación por As Vegas.

Algún sono por cumprir?
Unha chea deles!  Creo que se es feliz, no día a día,  xa tes moito gañado. Aínda que se puidese ir As Vegas estou seguro que sería moito máis feliz (risas).

Quen é o teu ídolo futbolístico?
Roberto Baggio e Mijatovic encantábanme cando era pequeno. Agora quédome con Valerón e Zidane. Estes deberían ser o exemplo para os nenos de hoxe. Tamén teño que destacar a figura de Benzema,  dianteiro do Real Madrid.

De que equipo es afeccionado?
Do Real Madrid. Teño mantido grandes conversas con Castiñeiras, defendendo a cor branca. Pero aí está sempre Garabal para intentar tirar a baixo as nosas ilusións.

Cando e como comezaches no fútbol?
Teño unha foto vestido de porteiro con menos de 1 ano. Nese momento dinme conta de que ía ser futbolista (risas).

Ata onde che gustaría chegar na túa carreira como futbolista?
Non cheguei a ser o futbolista que me gustaría pero estou orgulloso do que son.

Que adoitas facer despois dos partidos do domingo?
Descansar, xa que o luns hai que voltar a traballar. Pero se teño tempo vou a tomar algo,ver algún partido, estar coa familia…

Con que compañeiro te levas mellor no vestiario?
Pregunta difícil e fácil ao mesmo tempo. Ao meu lado teño a J.R.Garabal, xa son tres anos xuntos e moitas experiencias vividas, boas e malas. A Castiñeiras coñézoo desde os 18 anos e seguimos indo de festa xuntos. Ademais, Jorge cóidame moito. Este ano estou facendo grandes descubrimentos. Parte do noso éxito está no bo ambiente que se respira no vestiario.

Tes algún apodo dentro do equipo?
Creo que non (e que non me entere).

Que balance farías da túa estancia na S.D. Compostela?
Persoalmente está sendo o peor ano da miña vida futbolística. Sempre fun un xogador importante dentro dos equipos nos que estiven, xogando continuamente e marcando goles. Este ano  non estou tendo sorte coas baixas, levo meses arrastrando problemas de pube que non me deixan demostrar o futbolista que son. Síntome pouco produtivo e, en certa maneira, en débeda cos meus compañeiros, corpo técnico, directiva, afección e co nome da SD.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

44 minutes ago

SD Compostela
🎗 Hoxe conmemórase o Día Internacional do Cancro Infantil e para dar visibilidade a esta realidade, esta tarde portaremos un brazalete douradoUn xesto, en colaboración con Asanog Asociación de Cáncer Infantil y Juvenil de Galicia, co que queremos lembrar a importancia do apoio social e do acompañamento durante todo o proceso👉 Porque cada xesto conta e cada mirada axuda a que ningunha familia se sinta soa#composcéltiga𝐃𝐈𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐀𝐑𝐓𝐈𝐃𝐎 🩵🤍⚽️🔥 Con gañas de volver a xogar e a triunfar!🆚 Céltiga F.C 🕕 18:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🙌 Anima aos nosos na nosa casa na procura da vitoria! #ComposCéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🤝 Jessica Fabeiro 🩵🤍O centro de Medicina Estética & Wellness, que está a celebrar o seu 8⃣ aniversario, segue un ano máis ao noso carón e faino tamén patrocinando o partido desta tarde na súa semana especial🙌 Moitas grazas polo voso apoio! 🫂#ComposCéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 hours ago

SD Compostela
𝐃𝐈𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐀𝐑𝐓𝐈𝐃𝐎 🩵🤍⚽️🔥 Con gañas de volver a xogar e a triunfar!🆚 Céltiga F.C 🕕 18:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🙌 Anima aos nosos na nosa casa na procura da vitoria! #composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
⚽️📋 CONVOCATORIA🆚 Céltiga F.C 🩵🤍 Os nosos para o encontro de mañá ás 18:00 horas na nosa casa👉 Están citados todos os xogadores #composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏🗣️ Secho🆚 Céltiga F.C ⚽️ Previa do noso adestrador antes do encontro de mañá ás 18:00 horas no Vero Boquete#composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.