Jacobo Tato: «Se a afección continúa apoiando, ao Compos espéralle un gran futuro»

3 de mayo de 2012

Jacobo Tato (O Pino, 18-11-1989) forma parte do grupo de xogadores mozos do equipo da Esedé. A experiencia e veteranía, reflectida en nomes como Castiñeiras, Bautista ou Maikel, mestúrase coa xuventude e forza dos máis novos. Tato é un deles. As lesións mantivérono apartado do terreo de xogo durante varias xornadas, pero no seu regreso ao campo demostrou as súas habilidades co balón. Contabiliza catro acertos no seu casilleiro de goles.

A que te dedicas fóra dos terreos de xogo?
Estou estudando Administración e Dirección de Empresas. Este xa é o quinto ano pero aínda me queda un pouquiño para acabar (risas).

En que invistes o teu tempo de ocio?
Practicamente dedico a maior parte do meu tempo libre a estar cos amigos ou saír a tomar algo.

Cal é o teu recuncho favorito de Santiago e Galicia?
De Santiago gústame moito toda a zona vella. Despois quédome con Sanxenxo, a onde intento ir sempre que podo.

Que xénero de cine prefires?
Non teño un xénero de cine favorito. Gústame ver calquera tipo de película, sempre que sexa boa e me faga pasar un bo momento.

Cal é o tipo de música que máis che gusta?
Adoito escoitar música electrónica, pero tamén me adapto con facilidade a calquera estilo.

Maior virtude? Defecto?
As virtudes prefiro que as sinalen os demais. En canto aos defectos, destacaría principalmente que son moi despistado para todo.

A onde che gustaría viaxar?
Ocórrenseme moitos sitios. Atráenme moito Nueva York e Las Vegas.

Algún sono por cumprir?

Desde pequeniño sempre pensas en poder chegar a ser futbolista profesional e vivir disto. Agora xa o vexo un pouco difícil (risas)

Quen é o teu ídolo futbolístico?
Sen dúbida, Zinedine Zidane, un xogador diferente. Dos que xogan actualmente, teño certa debilidade por David Silva ou Andrés Iniesta e, por suposto, tamén me gusta Messi.

De que equipo es afeccionado?
Do Real Madrid, por suposto.

Cando e como comezaches no fútbol?
Empecei con seis anos xogando no Victoria F.C. Despois pasei a xogar no Colexiata de Sar, Rosalía de Castro e Santiago.

Ata onde che gustaría chegar como futbolista?
Non me marco ningún obxectivo, só penso en ir paso a paso e traballar cada día para chegar o máis alto posible.

Con que compañeiro te levas mellor dentro do vestiario?
Con Martín, Pablito e Damián. Sobre todo coa xente que coñecía de anos anteriores.

Tes algún alcume dentro do equipo?
Non, que eu saiba.

Que balance farías da túa estancia na S.D. Compostela?
Sen dúbida, o balance desta tempada é positivo, aínda que tiven a mala sorte de estar  lesionado durante bastantes xornadas e non puiden xogar todo o que me gustaría.

En relación ao club,  conta cunha gran estrutura, propia dun equipo de superior categoría. A directiva está a facer un gran traballo. Se a afección segue ao equipo como o fai sempre, o Compos terá un gran futuro.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 days ago

SD Compostela
⏰ HORARIO confirmado para a próxima saída na Liga 🩵🤍x21 🆚 Unión Popular de Langreo 🏟️ Estadio Novo Ganzábal🗓️ Domingo, 2 de febreiro🕔 17.00 horas📺 Football Club#LangreoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 𝐅𝐈𝐂𝐇𝐀𝐗𝐄💪 Markitos, novo xogador da SD Compostela!⚽️ O mediapunta chega cedido polo Club Deportivo Arenteiro ata final de tempada ✍️ sdcompostela.com/2025/01/21/markitos-fichaje-invernal-compos/#benvidomarkitos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🎯 Toca gañar! Toca volver á senda da vitoria na nosa casa 💪🩵🤍x20 🆚 Real Club Deportivo de La Coruña Fabril 🏟️ Vero Boquete🗓️ Domingo 26/01🕛 12.00 horas🤝 Patrocinado por Alcampo 📺 En Xogo 🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/#composfabril ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐒𝐄𝐌𝐀𝐍𝐀𝐋⚒️ Os nosos regresan esta tarde ao traballo para preparar o derbi deste domingo ante a Real Club Deportivo de La Coruña Fabril⚽️ Traballo duro para volver a senda das vitorias e comezar a sumar de 3⃣ nesta segunda volta#composfabril ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.