Laura Souto: «Somos un grupo unido, con ganas de mellorar»

22 de noviembre de 2012

Laura Souto (Pontevedra. 09/07/1993) afronta a súa segunda tempada no equipo feminino da SD Compostela.

A que te dedicas fóra dos terreos de xogo?
Estudo o ciclo superior en animación de actividades físico-deportivas (TAFAD), en Santiago.

En que invistes o teu tempo de ocio?
Pois no meu tempo libre, aparte de xogar ao fútbol, gústame estar cos amigos. Se estou na casa, paso o tempo escoitando música ou navegando en Internet.

Cal é o recuncho favorito de Galicia?
Gústame a gran cantidade de espazos naturais que ten Galicia. Non sabería decantarme por un lugar en concreto pero, recentemente, estiven en Gundián e teño que recoñecer que me encantou.

Que xénero de cine prefires?
Agás as películas de terror, ás demais non lle poño pegas.

Cal é o estilo musical que adoitas escoitar?
Escoito un pouco de todo, pero maioritariamente pop e rock español.

Maior virtude? Defecto?
Agora mesmo non se me ocorre nada!

A onde che gustaría viaxar?
Alemaña é un país que me chama a atención. Hamburgo ou Berlín estaría ben.

Algún soño por cumprir?
Supoño que moitos.

Quen é o teu ídolo futbolístico?
Xavi Hernández (F.C. Barcelona) e Steven Gerrard (Liverpool F.C).

De que equipo es afeccionada?
Gústame o xogo do Barça.

Cando e como comezaches no fútbol?
Comecei cando tiña tan só 7 anos, xogando con nenos nun equipo de A Estrada.

Ata onde che gustaría chegar como futbolista?
Ser unha Vero Boquete non estaría nada mal (risas). Como futbolista, supoño que aspiro ao máximo posible.

Por que te decantaches unha tempada máis pola SD Compostela?
Polo proxecto formulado, creo que é, cando menos, interesante.

Que calidades podes aportar ao conxunto?
Loita e entrega en cada adestramento e partido.

Que cres que diferenza ao Compostela do resto de equipos da categoría?
É moi pronto para poder compararnos con outros equipos, pero dicir ao noso favor que somos un grupo unido, con ganas de mellorar día a día.

Que motivos lle darías a alguén para que vaia a ver un partido de fútbol feminino?
Non é o mesmo fútbol que o masculino pero non por iso é mellor ou peor, simplemente diferente. É por iso que a xente se debería animar a ir a Santa Isabel (campo no que xogamos) ou a calquera campo de fútbol onde xoguen féminas a ver, cando menos, un partido.De seguro que non ha defraudar a ninguén!

Youtube

Instagram Compos

Facebook

18 hours ago

SD Compostela
📋 𝐂𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐚𝐝𝐨Hugo Matos, traspasado ao C.D. Numancia de SoriaGrazas polo teu traballo e esforzo durante todos estes anos e sorte para o futuro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
➕1⃣📣 Goris promociona ao primeiro equipo dende o Sigüeiro FC - ED Xuventude Oroso🤝 O mediocentro da Canteira Picheleira, que xa debutara co Compos, firma por unha tempada𝐆𝐨𝐫𝐢𝐬 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/07/18/goris-promociona-compos-25-26/#goris2026 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍📣 Parapar está de volta!🤝 O extremo coruñés regresa ao Compos para ser un puñal pola banda do Vero Boquete e acadar o ascenso𝐏𝐚𝐫𝐚𝐩𝐚𝐫 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/07/17/parapar-maxia-fichaxe-sd-compostela/#benvidoparapar ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
📋 𝐂𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐛𝐚𝐢𝐱𝐚Manu Barreiro non continuará na SD Compostela a próxima tempadaGrazas polo teu compromiso e traballo, Manu; e moita sorte para o teu futuro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍📣 Diego Rodríguez, polivalencia, xuventude e talento para a liña defensiva do Compos🤝 O defensa, que pode actuar como lateral ou central, ocupa ficha sub23 e firma por unha tempada𝐃𝐢𝐞𝐠𝐨 𝐑𝐨𝐝𝐫𝐢𝐠𝐮𝐞𝐳 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/07/16/diego-rodriguez-fichaxe-compos/#benvidodiegorodríguez ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.