Convenio de colaboración entre a SD Compostela e ECO360

13 de junio de 2014

Dibujo

A SD Compostela vén de asinar un convenio de colaboración coa empresa de comunicación compostelá Estratexia de Comunicación para Organizacións, ECO360, para a xestión integral da comunicación e a imaxe da Sociedade Deportiva.

O acordo de colaboración entre a SD Compostela e ECO360 recolle, entre outros termos, a ampliación e mellora da comunicación relativa á Sociedade Deportiva tanto cos medios de comunicación como coa súa masa social e siareiros, a través da súa páxina web, redes sociais e comunicacións vía correo electrónico.

Tanto a Xunta Directiva do clube como a empresa de comunicación situamos este acordo máis aló da relación estritamente empresarial, e coincidimos en salientar que o éxito do ambicioso proxecto deportivo que acomete esta tempada a S.D. Compostela debe ter un reflexo directo na cidade, en dous aspectos fundamentais: na contribución da Sociedade Deportiva á promoción da imaxe da mesma e á transmisión de valores aos seus cidadáns, e na procura da implicación da cidadanía de Compostela no proxecto deportivo do seu equipo.

Entre os obxectivos establecidos mediante este convenio están o de transmitir os valores da marca da S.D Compostela (como o traballo, a ilusión e a transparencia), e o de conectar coas xeracións máis novas cunha aposta forte polas redes sociais, unha fonte directa de información que permite a proximidade e a interacción para achegar os siareiros ao clube e facelos copartícipes da nosa xestión.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

9 hours ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐝𝐏🎙️ Antón Permuy🗣️ Declaracións do adestrador branquiazul tralo derbi en Pasarón #pontevedracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
🔚 FINAL @pontevedra_cf_sad 4️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ @manuurivaas_#pontevedracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

13 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSO Pontevedra Club de Fútbol SAD 1️⃣-0️⃣ COMPOS #pontevedracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

13 hours ago

SD Compostela
𝐎𝐒 𝐍𝐎𝐒𝐎𝐒 🩵🤍 📸 Nacho Castaño #pontevedracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

13 hours ago

SD Compostela
⚒️⚽️ 🩵🤍📸 Nacho Castaño #pontevedracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.