Encontro solidario en favor das persoas con dano cerebral

14 de junio de 2014

O pasado sábado 10 de xuño celebrouse no Campo Municipal do Milladoiro o partido solidario que enfrontou ao Biduído S.R. coa S.D. Compostela co obxectivo de recadar fondos para a Asociación de Dano Cerebral de Compostela, Sarela.

Na previa do encontro, o Biduído entregou unha placa á S.D. Compostela en sinal de agradecemento pola acción solidaria. Recibiuna, en representación do club, o seu presidente, Antonio Quinteiro

O partido comezou co saque de honra de José Antonio, usuario do proxecto Construíndo Futuro de Sarela, que pasou a integrarse no equipo local para participar no encontro. A S.D. Compostela tamén contou co apoio dunha persoa con dano cerebral adquirido; Ismael, usuario do mesmo programa, que foi o encargado de xogar co equipo visitante.

O marcador rematou en 1-2 a favor do Compos. Ao finalizar o encontro, o presidente de Sarela, José Balboa, entregou un diploma de colaboración da Asociación de Dano Cerebral de Compostela a Miguel Regueiro, presidente do club Biduído.

A recadación da rifa, a entrada do encontro e das vendas da taza e a camiseta solidaria editada polo Biduido, entregaránse á asociación Sarela.

A SD Compostela quere agradecer a invitación e a confianza de Sarela e do Biduido para participar neste partido solidario. Para o club é un pracer poder axudar en actos desta natureza.

 

Youtube

Instagram Compos

Facebook

10 hours ago

SD Compostela
⚽️ Un ano máis, apoiamos a doazón de órganos con Alcer Coruña, en colaboración co Pazo de RaxoiEste domingo, no Estadio, instalarase unha mesa informativa e repartiranse dípticos sobre o seu proxecto "Alcer 7 Vidas", que fomenta a doazón e os hábitos de vida saudables👉 santiagodecompostela.gal/gl/noticias/o-futbol-e-solidariedade-unense-no-vero-boquete-para-promove...#ComposAtléticoCoruña🫁O fútbol e a solidariedade únense no Vero Boquete para promover a doazón de órganos⚽️O partido que enfrontará a SD Compostela contra co Atlético Coruña Montañeros será a favor da promoción da doazón 👉A iniciativa enmárcase na campaña “Alcer 7 Vidas”, que fomenta a doazón e os hábitos de vida saudables, coa colaboración da Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, que dirixe María Rozas, Alcer Coruña e SD Compostela🗓️Domingo 19 de abril⏰18h📍Estadio Municipal Vero Boquete 🔗 i.gal/8oFkc ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
👉 Recorda, cada abonado pode retirar unha invitación* para o partido deste domingo na nosa casa📲 Só online!🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🫂 Todos xuntos, a por outra vitoria vital!* Non inclúe os gastos de xestión da plataforma📸 Nacho Castaño#composatléticocoruña ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
💫 Recorda, mañá celebramos o III Foro Tecnoloxía e Deporte con dous referentes de alto nivel🎟️ O acceso é gratuíto ata completar aforo👉 Vémonos ás 19:00 horas no Museo Das Peregrinacións e de Santiago💫 O III Foro "Tecnoloxía e Deporte", organizado pola SD Compostela, leva ao Museo Das Peregrinacións, este próximo venres 17 de abril ás 19:00 horas, unha interesante xornada sobre envellecemento activo e exercicio físico Un evento, con acceso gratuíto ata completar aforo, no que contaremos coa participación de dous referentes ao máis alto nivel como son: 🎾 Joan Forcades, preparador físico de Rafael Nadal e Carlos Moyá 👟 Guillem Mascaró, preparador físico especializado en ultrafondo e trail running 👉 Esta nova cita xirará arredor do coñecemento e a innovación aplicada ao deporte, centrándose especialmente na relación entre exercicio físico, calidade de vida e avances tecnolóxicos Unha oportunidade única para coñecer unha visión de máximo nivel sobre rendemento e saúde, da man de dous referentes a nivel nacional nesta área Desta forma, seguimos abordando como a tecnoloxía está a revolucionar o campo do deporte e da saúde, da man de expertos de recoñecido prestixio Tralo éxito das pasadas edicións, nas que contamos con Enrique García Clavijo, Ezequiel Mosquera, Miguel Verdes, Miguel Ángel Leal e Lalo García, convidámoste a esta nova entrega do foro, na que contamos con patrocinio da Xunta de Galicia, do #Xacobeo2027, o Museo Das Peregrinacións e de Santiago e #PlexusSport🗓️ Venres, 17 de abril🕖 19:00h📌 Museo das Peregrinacións🎟️ Acceso gratuíto ata completar aforo🙌 Agardámoste! #tecnoloxía #deporte #innovación #envellecementoactivo #preparadorfisico #calidaddevida #tech #tenis #ultrafondo #Santiago ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🫂 XUNTOS!Este domingo necesitamos, unha vez máis, o voso apoio!Todos xuntos, a por unha nova vitoria crucial!Grazas por estar sempre aí! 🩵🤍📸 Nacho Castaño #composatléticocoruña ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.