La SD Compostela y ‘Cativos’ reafirman su compromiso con la educación deportiva

6 de octubre de 2014

Cativos
La Sociedad Deportiva Compostela y la red de escuelas infantiles ‘Cativos’ renuevan un curso más su convenio de colaboración con el objetivo de seguir trabajando para ofrecer a niños del primer ciclo de educación infantil una formación adecuada para la práctica deportiva y también para su día a día.

A través de este acuerdo, firmado por primera vez durante la celebración del XX aniversario de Cativos, ambas entidades pretenden fomentar la práctica de deporte entre los más pequeños, así como promover la realización de ejercicio físico en familia con el fin de potenciar el respeto por los demás y las normas de juego desde los primeros años de vida.

Gracias a las prácticas deportivas en la etapa infantil, los niños adquieren una herramienta de distracción y diversión que favorecerá sus relaciones personales al tiempo que les ayudará a mantener una forma física y mental óptima.

Esta colaboración acercará a más de 400 niños y niñas de Santiago y comarca – repartidos en los centros de Santiago, Riveira, Oroso, Vedra y Conxo- el ejercicio y el deporte de una forma saludable, siguiendo los hábitos que practican deportistas de élite como los de la SD Compostela, jugadores de Segunda División B; así como aprender a disfrutar en familia de diferentes espectáculos deportivos.

Cativos lleva años realizando talleres de psicomotricidad, actividades que potencien el trabajo grupal o apostando por otro tipo de iniciativas deportivas como la natación o el ballet, entre otros.

Este acuerdo reafirma al deporte como uno de los pilares del proyecto educativo de Cativos, al tiempo que muestra su apoyo a uno de los clubes más emblemáticos de la ciudad de Santiago y anima a los compostelanos y usuarios de la red de escuelas infantiles a seguir a la SD Compostela en esta nueva temporada.
A Sociedade Deportiva Compostela e a rede de escolas infantís ‘Cativos’ renovan un curso máis o seu convenio de colaboración co obxectivo de seguir traballando para ofrecer a nenos do primeiro ciclo de educación infantil unha formación axeitada para a práctica deportiva e tamén para o seu día a día.

A través deste acordo, asinado por primeira vez durante a celebración do XX aniversario de Cativos, ambas as dúas entidades pretenden fomentar a práctica de deporte entre os máis pequenos, así como promover a realización de exercicio físico en familia co fin de potenciar o respecto polos demais e as normas de xogo dende os primeiros anos de vida.

Grazas ás prácticas deportivas na etapa infantil, os nenos adquiren unha ferramenta de distracción e diversión que favorecerá as súas relacións persoais ao tempo que lles axudará a manter unha forma física e mental óptima.

Esta colaboración achegará a máis de 400 nenos e nenas de Santiago e comarca – repartidos nos centros de Santiago, Riveira, Oroso, Vedra e Conxo- o exercicio e o deporte dunha forma saudable, seguindo os hábitos que practican deportistas de elite como os da SD Compostela, xogadores de Segunda División B; así como aprender a gozar en familia de diferentes espectáculos deportivos.

Cativos leva anos realizando talleres de psicomotricidade, actividades que potencien o traballo grupal ou apostando por outro tipo de iniciativas deportivas como a natación ou o ballet, entre outros.

Este acordo reafirma ao deporte como un dos piares do proxecto educativo de Cativos, ao tempo que mostra o seu apoio a un dos clubs máis emblemáticos da cidade de Santiago e anima os composteláns e usuarios da rede de escolas infantís a seguir a SD Compostela nesta nova tempada.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

20 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

24 hours ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🖤 O primeiro equipo, no regreso ao traballo esta mañá, gardou un respectuoso minuto de silencio por Jesús de Miguel Descansa en paz ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRIMEIRO DERBI NA NOSA CASA CONFIRMADO🤝💡 Un partidazo patrocinado por Ojoalvatio ⚽️ Xornada 11🆚 Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.