Mantense a firmeza no fortín branquiazul

3 de noviembre de 2019
Hugo Sanmartín vs Silva SD 1
Hugo Sanmartín protexe o balón nos últimos minutos nun encontro patrocinado pola Bodeguilla de San Lázaro. Foto: Amadeo Rey.
  • Un gol de Josiño  decidiu un partido de claro dominio do Compos para sumar de tres na casa

Santiago de Compostela, a 3 de Novembro de 2019.

O Compos volveu á senda da vitoria no Vero Boquete. Os branquiazuis volveron dominar de principio a fin ao seu rival e leváronse os tres puntos no fortín para seguir na parte alta da táboa, deixando ademais a portería a cero unha xornada máis. O solitario tanto de Josiño, no 33, decidiu unha contenda na que os nosos careceron de fortuna de cara á portaría contraria.

No regreso ao feudo branquiazul, a SD Compostela, con varios cambios no once inicial, saíu fiel ao seu estilo, ese xogo de toque ao que tan ben ten afeito á súa parroquia. Cunha presión intensa, e buscando os espazos na defensa visitante, plantada con cinco defensas e tres mediocentros por diante, as ocasións comezaron a chegar, especialmente con entradas rápidas desde as bandas.

Por esta vía, Miki e Jimmy levaron o perigo inicial con asistencias atrás que, ben polos remates escorados dos atacantes ou ben pola intermediación dos corpos dos defensores, non acabaron no obxectivo desexado. As máis claras, unha primeira de Rodri Alonso na que puido recortar ao seu defensa e soltar un gran zurdazo, pero Ríos lanzouse para evitar o tanto; e unha segunda na que un centro de Josiño, tras regatear ao central, cabeceouno na área pequena Baleato contra o porteiro.

Tanto insistía o Compos que o gol intuíase próximo a caer e así foi. Nunha nova acción pola banda esquerda, Jimmy e Brais Abelenda superaron á defensa cunha bonita parede, para que o lateral chegase á liña de fondo en vantaxe, levantase a cabeza e puxese un centro raso medido para a entrada de Josiño, quen só tivo que pór o pé para remachar a pelota á rede.

Tralo tanto, o encontro discorreu ata o descanso con menos ritmo, deixando as hostilidades para unha segunda metade na que os branquiazuis saíron de novo a por todas. Ante un rival máis aberto, froito do marcador, os espazos facíanse máis evidentes e por aí tentábanse coar os nosos para levar o balón á rede.

Tívoa Brais Abelenda, nun man a man, tras asistencia en vaselina de Rodri Alonso, pero o seu disparo coa esquerda sacouno co pé Ríos, e tamén Josiño máis tarde, nunha acción similar á da primeira diana, pero esta vez, o pase da morte de Miki enviouno arriba o mediapunta, cando a bancada cantaba o posible tanto.

Tamén houbo tempo para a polémica, tras un discutido fóra de xogo de Miki, no que o extremo xa se plantaba só no man a man, e nunha caída posterior de Rodri Alonso, que agardaba na área o centro de Brais Abelenda.

Chegaron os cambios, pero o monólogo era local e novamente, un de refresco, atopouse coa mesma sorte. Hugo Sanmartín, nunha contra, buscou o disparo potente ao primeiro pau, pero sacou abaixo Ríos. E a seguir, Samu non puido imprimirlle potencia ao seu golpeo no man a man, logo de entrar rompendo desde atrás.

Ante a falta de acerto, os visitantes desperezáronse e tentaron saír de atrás, avisando por primeira vez nos últimos minutos do duelo, cun zurdazo cruzado de David Rojo que despexou Pato con solvencia e nun golpeo dunha falta de Marcos Gómez que tamén sacou de puños o meta.

Con todo, este equipo este ano deu un paso adiante en defender eses duelos igualados e volveuno a demostrar durmindo o duelo na banda, con ocasións mesmo para poder anotar o segundo, como un golpeo axustado de Hugo Sanmartín e outro potente de Gabri  Palmás, na última acción do duelo, que despexou Ríos.

Así, o marcador xa non se moveu e a afección puido saborear unha nova vitoria no fortín. O Vero Boquete segue infranqueable e converteuse nun pulmón para os nosos que, ademais, volveron deixar a portería a cero. Manténdose na zona alta da clasificación, os nosos encaran unha nova semana de duro traballo para preparar a visita ao Vilalbés.

FICHA TÉCNICA:

1- SD Compostela: Pato; Saro, Baleato, Soto, Jimmy; Samu, Pablo Antas; Miki (Mon, m.81), Josiño (Gabri Palmás, m.70), Brais Abelenda; e Rodri Alonso (Hugo Sanmartín, m.62).

0- Silva SD: Ríos; Lema, Xusto, Fiuza, Tomei, Parafita (Iván Riveiro, m.46); Prieto, Kata, Marcos Gómez, David González (Iker Cid, m.46); Souto e Joni Fila (David Rojo, m.72).

Goles: 1-0: Josiño, min.33.

Árbitro: Figueiredo Comesaña (Comité vigués). Amoestou a Baleato, Soto e Pato, polo Compos; e a Parafita, Souto, Kata e Lema, polos visitantes.

Incidencias: Estadio Verónica Boquete de San Lázaro (Santiago). Partido da undécima xornada de liga do grupo 1 da Terceira División disputado ante 810 espectadores. Antes do inicio do encontro gardouse un minuto de silencio por Ramón Lojo Buján, ex-xogador do club na tempada 69/70.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🙌 𝐅𝐈𝐂𝐇𝐀𝐗𝐄 🩵🤍💪 Santi de Prado está de volta! A SD Compostela 24.25 refórzase cun correcamiños para a banda⚽️ Regresa ao Compos para seguir co seu crecemento tras unha sensacional campaña na UD Ourense 𝐒𝐚𝐧𝐭𝐢 𝐝𝐞 𝐏𝐫𝐚𝐝𝐨 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/2024/06/20/santi-de-prado-fichaje-sd-compostela/#benvidosantideprado ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🙌 𝐑𝐄𝐍𝐎𝐕𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍 🩵🤍💪 Gonzalo Landeira ascende ao primeiro plantel do Compos para a Tempada 24.25⚽️ O mediocentro da Canteira Picheleira amplía tamén o seu contrato ata 2025𝐋𝐚𝐧𝐝𝐞𝐢𝐫𝐚 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/2024/06/19/landeira-canteira-picheleira-compos/#gonzalolandeira2025 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🙌 𝐅𝐈𝐂𝐇𝐀𝐗𝐄 🩵🤍💪 Rabanillo, un seguro baixo paus para a portería da SD Compostela ⚽️ O experimentado porteiro, que ven de realizar un gran ano no Club Deportivo Guijuelo, firma por unha tempada𝐑𝐚𝐛𝐚𝐧𝐢𝐥𝐥𝐨 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/2024/06/18/rabanillo-fichaje-portero-compos-2425/#benvidorabanillo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🙌 𝐅𝐈𝐂𝐇𝐀𝐗𝐄 🩵🤍💪 Manu Rivas regresa ao Compos para a Tempada 24.25⚽️ O canteirán branquiazul seguirá coa súa gran proxección no Compos tras destacar no Atlético Arteixo𝐌𝐚𝐧𝐮 𝐑𝐢𝐯𝐚𝐬 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/2024/06/17/manu-rivas-canterano-vuelve-compos/#benvidomanurivas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

6 days ago

SD Compostela
🙌 DOUS DOS NOSOS 🩵🤍💪 Álvaro Casas e Pablo Antas seguirán na Tempada 24.25⚽️ Será a 8ª e 6ª campaña, respectivamente, dos dous capitáns do Compos ✍️ sdcompostela.com/2024/06/15/alvaro-casas-pablo-antas-compos-2025/#álvarocasas2025 #pabloantas2025 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.