A S.D. Compostela, a pesar da súa entrega, perde ante a U.D. logroñés

11 de Xaneiro de 2016

Compos- logroñés 1

 

A sorte non sorriu á S.D. Compostela no inicio da segunda volta ante a U.D. logroñés. O equipo rioxano logrou levarse os tres puntos de San Lázaro nun partido de desgaste marcado polas adversas condicións meteorolóxicas.

Durante o primeiro tempo os homes de Alberto Mariano plantaron cara ao histórico cadro rioxano, segundo na clasificación, nun choque marcado polo estado do céspede, totalmente anegado, o que impediu ver un duelo vistoso entre ambos conxuntos. Con todos estes condicionantes, as mellores oportunidades tívoas o Compostela, que dominou con claridade a primeira metade e unha vez máis quedouse sen premio.

Jordan foi o primeiro en tantear a portería de Miguel, o porteiro da U.D. Logroñés, ao lanzar unha falta dende a frontal do área que se marchaba por enriba do traveseiro. Tamén Manu Rodríguez, na súa volta a San Lázaro, tivo nas súas botas unha gran ocasión cun potente disparo dende fora da área que obrigaba ao porteiro do Logroñés a estirarse para evitar o primeiro gol do Compostela.

As ocasións da Esedé sucedíanse pero o equipo non lograba ver porta; unha circunstancia que se está repetindo desgraciadamente en moitos partidos da tempada. Por parte da U.D. Logroñés, a acción máis clara na primeira metade chegou no minuto 42 cando, con Pato adiantado, Pere Milla intentou bater a portería cun disparo raso; ocasión que desbaratou Catú, ben colocado baixo paus.

Tralo paso por vestuarios a choiva seguía caendo de xeito intenso sobre o céspede de San Lázaro e deixaba pouco marxe a un fútbol de toque e xogo trenzado. Tendo que botar man dun fútbol máis directo, o equipo rioxano soubo aproveitar de xeito efectivo un despiste defensivo na área do Compostela. Transcorría o minuto 66 cando Joel Valencia disparaba á portería de Pato, que lograba despexar o esférico cunha boa estirada, pero Pere Milla no rexeite lograba facer o primeiro gol do partido.

O Compostela apenas tivo marxe para a reacción, pois no minuto 78 o árbitro sinalaba penalti favorable para os roxiblancos ante un cuestionado agarrón de Sergio Sánchez a Titi dentro da área. Muneta foi o encargado de lanzar a pena máxima que lle outorgou o segundo gol ao Logroñés.

O segundo tanto deixou finiquitado o partido; o que non impediu que o Compostela buscase recortar diferenzas ata o pitido final. Así, con ese 0 a 2 finalizaba o choque; unha dura derrota para o conxunto galego que demostrou que pode pelexar ante os rivais fortes do grupo. “A nivel de traballo, actitude e entrega non hai nada reprochar hoxe aos meus xogadores”, sentenciaba Alberto Mariano en roda de prensa tralo partido.

A S.D. Compostela, nunha situación crítica, xa só pensa no próximo partido ante o Peña Sport que se disputará o vindeiro domingo ás 16:45 no San Francisco Tafalla coa misión obligatoria de intentar sumar os tres puntos en liza.

Fotografía: Amadeo Rei

 

S.D. COMPOSTELA (0): Pato, Jesús Varela, Jimmy, Sergio Sánchez, Catú, Marcos Rodríguez-(Dani Hernández, min 85), Jordan-(Josu, min 79), Manu Rodríguez, Chiño, Orbegozo, Bicho.

U.D. LOGROÑÉS (2): Miguel, Santos, Paredes, Adrián León, Borja, Birane, Titi, Pere Milla-(Arnedo, min 86), Álvaro-(Carlos Fdez, min 63), Muneta, Joel Valencia -(Reguilón min 80):

GOLES: 0-1 (min 66), 0-2 (min78)

ÁRBITRO: José Alberto Pardeiro Puente do Comité Territorial Cántabro amonestou con cartóns amarelos por parte da S.D. Compostela a: Manu Rodríguez (min 6), Jesús Varela (min 33), Marcos Rodríguez (min 75), Sergio Sánchez (min77) y Pato (min 78). Por parte da U.D. Logroñés amonestou con cartón amarelo a: Joel Valencia (min 26), Borja (min 69).

INCIDENCIAS: Partido correspondente á 20ª xornada de liga con condicións climatolóxicas pouco favorables debido á intensa choiva que dificultaba o xogo. Partido disputado ante 709 espectadores no Estadio Municipal de San Lázaro.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
𝐎𝐒 𝐍𝐎𝐒𝐎𝐒 🩵🤍 💪 Os nosos posaron cunha camiseta de Marco Baña, quen rompeu o ligamento cruzado anterior da súa perna dereita👉 Moito ánimo, Marco! Volverás máis forte!📸 Nacho Castaño #bergancompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 hours ago

SD Compostela
⚒️⚽️🩵🤍🏟 As Eiroas🔜 🆚️ Bergantiños FC - Escuelas Luis Calvo📸 Nacho Castaño #bergancompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 hours ago

SD Compostela
𝐎𝐍𝐂𝐄📋 @antonpermuy🆚 @berganfc_escolaslcs🏟️ As Eiroas🩵🤍 💪#bergancompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

6 hours ago

SD Compostela
💪🩵🤍🙌 Un derbi para seguir coas boas sensacións🫂 Co voso apoio nas Eiroas, buscaremos o triunfo⚽️ Sairemos a por todas!📸 Nacho Castaño #bergancompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
𝐌𝐀𝐓𝐂𝐇𝐃𝐀𝐘 🩵🤍🙌💪 A POLO DERBI!x11 🆚Bergantiños FC - Escuelas Luis Calvo 🕔 17.00🏟️ As Eiroas🎟️ Entradas 👉 15€ (Despacho de Billetes)📺 En Xogo #bergancompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.