A S.D. Compostela suma un valioso punto ante o Somozas nun encontro marcado polas inclemencias climatolóxicas

15 de Febreiro de 2016

Javi Moreno

As adversas condicións metereolóxicas condicionaron o derbi ante o Somozas. A choiva intensa, pero sobre todo o forte vento, non permitiron un fútbol vistoso no Manuel Candocia.

Ningún dos dous equipos tivo demasiadas oportunidades de cara a portería. A máis clara para os de Fredi na primeira metade chegaba no minuto tres cun remate de cabeza de Guillem Martí que se marchaba desviado. Tamén o conxunto dirixido por Stili tivo a súa oportunidade no minuto 36 por medio de Pau Senent, pero o seu disparo marchábase lonxe da portería a causa do vento.

Durante o transcurso do partido a choiva intensa comezou a facer acto de presenza en Somozas, que xunto ás fortes rachas de vento, imposibilitaba un fútbol combinativo, dando pé á loita pola posesión e a balóns aéreos que regresaban ao punto de orixe.

Tralo descanso empezou a verse un partido máis aberto no Manuel Candocia por parte de ambos equipos. O conxunto verdiblanco empezou a xerar máis perigo e os saques de córner convertéronse no pesadelo da Esedé -ata catro seguidos-. O máis perigoso chegaba no minuto 61, cun lanzamento dos verdiblancos que o vento axudou a escorar cara á portería, pero Pato lograba despexalo por encima do larguero.

Jordan puxo a mellor ocasión para o Compostela tras un saque de córner no minuto 70 que colocou na boca de gol, pero o esférico non se topou con ningún dos seus compañeiros para o remate. O conxunto santiagués tivo a súa última oportunidade, de novo a balón parado, pero nesta ocasión o esférico quedábaselle o trabado a Josu para finalizar a xogada.

Os locais chegaron a quedarse con dez homes sobre o terreo de xogo no desconto trala expulsión de Adrián Hernández por dobre amarela. Unha vantaxe que o Compostela xa non tivo tempo de aproveitar, pois o colexiado indicaba o final do partido cun reparto de puntos que achega un pouco máis á S.D. Compostela cara o obxectivo da permanencia.

O próximo partido será en San Lázaro ante o filial do Valladolid o sábado, 20 de febreiro ás 17:00h. Unha nova oportunidade para buscar a vitoria en casa e seguir avanzando na clasificación.

Fotografía: Amadeo Rei

FICHA TÉCNICA

U.D. SOMOZAS (0): Mandaluniz, Leuko, Adrián, Juan, Antonio, Mateo, Diego Rei-(Remeseiro, min 77), Antón, Mario Barco-(Cubas, min 84), Joseba, Pau-(Pedrosa, min 68)

S.D. COMPOSTELA (0): Pato, Josu, Jimmy, Javi Moreno, Catú, Sergio Sánchez, Jordan-(Jesús Varela, min 86), Manu Rodríguez, Guillem Martí, Bicho-(Joaquín, min 76), Goti-(Joãou Camacho, min 66)

GOLES: Empate sen goles.

ÁRBITRO: Eduardo Rodríguez García do Comité Territorial Asturiano sancionou con cartón amarelo por parte dos locais a: Adrián (min 28), Antón de Vicente (min 53), Mateo García (min 65) e tarxeta vermella a Adrián por dobre amarela no desconto.

Por parte da S.D. Compostela amonestou con cartón amarelo a: Javi Moreno (min 27), Catú (min 33), Jordan (min 59).

INCIDENCIAS: Partido correspondente á 25ª xornada de liga marcado polas inclemencias metereolóxicas con forte vento e choiva.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
⏰ HORARIO confirmado para a próxima saída na Liga 🩵🤍x21 🆚 Unión Popular de Langreo 🏟️ Estadio Novo Ganzábal🗓️ Domingo, 2 de febreiro🕔 17.00 horas📺 Football Club#LangreoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 𝐅𝐈𝐂𝐇𝐀𝐗𝐄💪 Markitos, novo xogador da SD Compostela!⚽️ O mediapunta chega cedido polo Club Deportivo Arenteiro ata final de tempada ✍️ sdcompostela.com/2025/01/21/markitos-fichaje-invernal-compos/#benvidomarkitos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 Toca gañar! Toca volver á senda da vitoria na nosa casa 💪🩵🤍x20 🆚 Real Club Deportivo de La Coruña Fabril 🏟️ Vero Boquete🗓️ Domingo 26/01🕛 12.00 horas🤝 Patrocinado por Alcampo 📺 En Xogo 🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/#composfabril ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐒𝐄𝐌𝐀𝐍𝐀𝐋⚒️ Os nosos regresan esta tarde ao traballo para preparar o derbi deste domingo ante a Real Club Deportivo de La Coruña Fabril⚽️ Traballo duro para volver a senda das vitorias e comezar a sumar de 3⃣ nesta segunda volta#composfabril ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐝𝐏🎙️ Antón Permuy🗣️ Declaracións do adestrador branquiazul tralo derbi en Pasarón #pontevedracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.