A pola sexta en San Lázaro

29 de Outubro de 2016

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/ZYASgrMGBkk” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

Santiago de Compostela, a 29 de Outubro de 2016.

Este domingo chega outra función a San Lázaro. Outro encontro no que o conxunto de Yago Iglesias tentará manter a súa serie de vitorias no seu feudo. O sexto triunfo do curso que lles permita adentrarse de novo nos postos de honra da clasificación.

Para iso, o Compos deberá superar a un CD Barco, nóveno con 15 puntos, que é o máximo realizador da categoría, con 21 tantos. O equipo ourensán é “un conxunto con moito potencial do medio do campo cara adiante”, unha agrupación “que se reforzou moi ben tras as baixas de dous xogadores moi importantes para eles como Rodri e Mitogo”, comenta Yago.

“Pola súa localización, acode ao mercado da zona de León e Ponferrada, traendo xogadores precisamente da Ponferradina e a Cultural, que xogaron en categorías superiores”, explica.

Para enfrontarse a iso, a SD recupera efectivos, aínda que seguirá sen contar con Samu. As altas permitiranlle ao técnico local ter a posibilidade de elixir entre diferentes opcións por posto, aínda que “non temos unha formulación máis aló que noutros partidos”, afirma.

Segundo o adestrador riveirense, “nas últimas semanas avanzamos en competitividade e intensidade”, unhas características que demostran que o equipo está a madurar. Iso si, “quizais non facendo o fútbol que desexamos, pero queremos conseguir o punto óptimo desa ‘malo leche’, para retomar despois outros conceptos”.

Ante un equipo “que deu a sorpresa o ano pasado e que non vai poñer as cousas nada fáciles”, Yago agarda “seguir sendo o Compostela de San Lázaro”, principal paso para conseguir o seis de seis.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

23 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.