O líder visita San Lázaro

26 de Novembro de 2016

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/0x9uYIn5XCc” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • Tras o empate en Villalonga, a SD Compostela enfrontarase este domingo ás 12:00 ao líder do grupo1 da Terceira División, o Rápido de Bouzas, nun encontro que será emitido pola TVG.

Santiago de Compostela, a 26 de Novembro de 2016.

Despois de tres semanas puntuando, o Compos buscará este domingo un salto de calidade cunha vitoria ante o líder da Liga, un Rápido de Bouzas que camiña con paso firme pola categoría, sustentados nunha gran defensa e unha tripleta atacante moi efectiva.

Segundo Yago Iglesias, o Rápido é “un equipo que evolucionou este ano co seu novo adestrador”. Os vigueses “sempre se caracterizaron por ser un equipo que tentaba realizar un xogo combinativo, pero este curso é un conxunto máis efectivo, máis incisivo e máis vertical”.

Neste estilo de xogo, destaca a presenza de tres homes chave, “que marcan as diferenzas na categoría do mediocampo para adiante, como son Pablo Carnero, Youssef e Iago Paz”. Así, o Rápido é o terceiro máximo goleador da categoría, con 24 tantos, dos cales oito foron anotados por Pablo e cinco por Youssef.

Pero ademais do poderío ofensivo, o conxunto vigués tamén é o menos goleado. Nos catorce partidos que van de Liga só encaixou sete goles, o último deles hai oito xornadas, na súa visita ao Barbadás. Desde ese partido, sumaron dezanove puntos de vinte e un, o que lles permitiu ascender ao primeiro posto.

A pesar da dificultade da fazaña, Yago Iglesias confía nos seus xogadores e cre que lograrán a vitoria, do mesmo xeito que fixeron cando o Vilalbés, líder daquelas, chegou a San Lázaro. “O equipo está a adestrar moi ben. Está con moitas ganas porque vén o líder, e gañarlle sería moi bo a nivel mental”, comenta. “Sería fenomenal gañar, non só polos tres puntos, senón tamén por reencontrarnos coa vitoria en San Lázaro, que para nós é moi importante”, afirma.

Será toda unha proba de lume, que lle permitirá ao Compos “testar o momento no que estamos e tamén por saber se podemos loitar por cotas maiores”.

Para iso, Yago pretende repetir os partidos bos que realizaron en San Lázaro e con este obxectivo elaborará o seu once inicial. “Ao longo da semana estivemos a probar distintas formacións para coñecer en que postos podemos sacar máis rendemento dos nosos xogadores en base ao rival que temos en fronte”, di o adestrador.

Para elaboralo, o técnico do Compos poderá elixir entre os vinte xogadores que ten dispoñibles. Unicamente son baixa Samu e Santi, polas súas respectivas lesións, e Cardeñosa, que foi expulsado en Villalonga. Toda unha oportunidade para elixir os encargados de buscar a machada contra o líder.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 hour ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMOS PARTIDOS CONFIRMADOS⚽️ Xornada 3🆚 Sestao River Club 🗓️ Domingo, 20/09🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🤝 Patrocinado por 𝐃𝐮𝐫𝐦𝐞𝐭⚽️ Xornada 4🆚 SD Eibar B🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ CD Areitio 1#compossestao #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ E o domingo, segunda xornada de liga e primeira viaxe da tempada🆚 Club Portugalete Fundado 1909 🗓️ Domingo, 13/09🕦 11:30 horas🏟️ La Florida📺 Football Club #portucompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🔜🏆 Este mércores temos cita na nosa casa cos 1/16 da #CopaFederación🆚 CD DERIO 🗓️ Mércores, 09/09🕖 19:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Abonados - Gratis | Xeral - 10€ | Menores de Idade - 2€👉 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/#composderio ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🤝🩵🤍 PARTIDO PATROCINADO🚗 🎟️ Mobify foi o patrocinador do #composmarino🙌 RECORDA! A compañía que lidera a mobilidade sostible en Galicia agasalla con 10€ de saldo aos abonados do Compos!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Volta ao traballo no San Lázaro IIToca repoñerse da derrota de onte, cunha semana na que teremos dobre cita: o mércores, na casa, coa #CopaFederación e o domingo, no País Vasco, coa Liga#composderio #portucompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.