O Compos saca un punto ante o líder

27 de Novembro de 2016
dsc_0013
O once inicial posa coas camisetas de Compostela en Negro, antes de comezar o partido patrocinado por Carpintería González. Foto: Amadeo Rey.

Santiago de Compostela, a 27 de Novembro de 2016.

Custou pero a Sociedade Deportiva Compostela sacou un novo punto na Liga ante o líder. O conxunto santiagués conseguiu sumar de novo ante o Rápido de Bouzas, nun encontro no que os locais tentaron dominar co balón, mentres que os visitantes aproveitaron o xogo directo e as segundas xogadas.

Con esta idea inicial, o Rápido conseguiu xerar moito perigo na meta defendida por Lucas, xa que como reflectiu Yago Iglesias en rolda de prensa, o equipo non estivo fino neses 45 minutos. A defensa visitante estivo moi ben plantada, con dúas liñas de catro moi xuntas que conseguiron roubar moitos balóns, sacando rápidos contraataques que xeraron moito perigo.

As dúas primeiras, no minuto 18 e 19, tiveron un resultado similar. Un centro de Jesús nunha falta que controlou Carlos Pereira, pero que non conseguiu acertar coa meta, grazas á boa reacción de Lucas, e un remate no segundo pau de Pardavila, a centro de Youssef, que se foi fóra por moi pouco. E tres minutos máis tarde, o meta local volvía lucirse cunha espléndida parada ao tiro dunha falta botada por Carlos Pereira.

Para encontrar o primeiro tiro perigoso do Compos, tivemos que esperar ata o minuto 30 de partido, cando Mon, noutra falta na frontal, obrigaba a Diego a lucirse abaixo ante un balón que se coaba pegado ao poste dereito da súa portería.

Con todo, cando parecía mellorar o Compos chegou o gol visitante. Un centro desde a dereita era rematado por Pardavila no segundo pau, que batía a Lucas con serenidade, despois de controlar o balón e axustalo ao poste.

Tras o gol, o Compos mellorou, pero o marcador xa non se moveu antes do descanso. Con todo, á volta do mesmo, a conta anotadora puido aumentar en ambas as áreas. Primeiro Martín desaproveitaba unha clara ocasión de empatar, logo de que fallase un remate de cabeza a pracer tras un balón colgado por Tomás. Mentres que o Rápido respondía con outra acción de Carlos Pereira, tras saque dunha falta en campo propio, que tamén repeleu o porteiro santiagués.

Coa entrada de Nogueira por Martín o equipo mellorou, tivo máis amplitude e así chegou o penalti do empate. Recoba gañou o balón ao lateral, foise do central, regateou ao porteiro e este derrubouno. O encargado de botar a pena máxima foi Mitogo, que batía a Diego cun disparo raso á beira esquerda do meta.

Un tanto moi importante que deu ás ao Compos. O partido rompeu e a balanza puido caer para ambos os lados. Nogueira desaproveitou un man a man no 73, tras unha gran xogada de Recoba, e Youssef facía o propio na área contraria.

E no desconto, primeiro Taboada remataba arriba un córner perfectamente botado ao punto de penalti e Lucas volvía lucirse ante un remate de Carnero. No rexeite do mesmo, Youssef volvía mandar fora o balón, cun disparo que marchou axustado ao poste da meta. O balón non entrou e os puntos repartíronse entre ambos os contendentes. O Compos suma por cuarta semana consecutiva, mentres que o Rápido mantén o liderado grazas ao punto sumado en San Lázaro.

FICHA TÉCNICA

1- SD Compostela: Lucas; Saro, David Rey, Taboada (C), Cabrejo; Mon; Julián, Tomás, Recoba (Make, m.87), Martín (Nogueira, m.54); e Mitogo (Diego Rey, m.65).

1- Rápido de Bouzas: Diego; Jesús, Portas (C), Vieytes, Coti; Parda (Nico, m.67), Yago Pérez (Rocha, m.80), Iago Paz, Youssef; Carlos Pereira (Rulo, m.63) e Pablo Carnero.

Goles: 0-1: Pardavila, min.34; 1-1: Mitogo, min.58.

Árbitro: Villanueva Carballo, colexio pontevedrés. Sacou cartón marelo a Cabrejo, Taboada, Tomás e Diego Rey polos locais, e a Vieytes, Yago Pérez e Diego polos visitantes.

Incidencias: Partido disputado no Estadio Municipal de San Lázaro ante 556 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

4 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Desfrutade desta gran noite que quedou tras este gran +3⃣ na nosa casa 😍 #composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #composastorgaO técnico do Compos valorou o importante triunfo na casa e destacou as grandes sensacións mostradas e o fútbol de ataque do equipo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 4️⃣-1️⃣ @AtleticoAstorga⚽️⚽️ Dani González ⚽️ Buba | Unai PeónPARTIDAZO E OS TRES PUNTOS QUEDAN NA CASA 🩵🤍UNHA VITORIA MERECIDA E QUE DESFRUTAMOS XUNTOS 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO 👥🙌📸 Ignacio Castaño Gómez#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

8 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 3️⃣-0️⃣ Atletico Astorga ⚽️ Buba | Unai Peón | Dani GonzálezQUE GRAN PRIMEIRA METADE DOS NOSOS! 🔥📸 Nacho Castaño #composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
🔛 COMEZOU COMPOS 🆚️ Atletico Astorga 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.