Vitoria para gozar do Nadal

18 de Decembro de 2016
dsc_0133
Imaxe do encontro desta tarde ante o Barbadás, partido patrocinado por Sisrecom. Foto: Amadeo Rey.
  • O Compos gañou o seu último partido do ano ante o Barbadás grazas a dous tantos no últimos dez minutos.

Santiago de Compostela, a 18 de Decembro de 2016.

Co obxectivo claro de irse ao descanso do Nadal coas mellores sensacións posibles, o Compos conseguiu cumprir o seu desexo e triunfou na casa ante un Barbadás que sumou a súa cuarta derrota no que vai de curso. O triunfo chegou logo dun partido que dominou de punta a cabo o Compos, pero no que estivo máis lucido na segunda parte, de feito os goles chegaron na recta final, cando o cansazo afectou máis ao cadro visitante.

Tal e como dixo Yago en rolda de prensa, a formulación inicial do Compos era moi clara, querían dominar a pelota, porque sabían que o rival esperaría atrás, e buscar xerar perigo con rápidas triungalacións entre os homes da mediapunta.

Con todo, a pesar de que a teoría estaba ben aprendida, a práctica non saíu. O Barbadás trabou o partido, achicou moi ben os espazos e, ante a falta de lucidez nas ideas dos xogadores compostelanistas, os gardametas mantivéronse tranquilos durante máis de media hora.

Así, a primeira vez que un porteiro sacou a relucir as súas calidades foi no 37, cando Berto atrapaba un gran disparo de David Nogueira, tras unha triangulación entre este e Ube, quen xogou no dobre pivote saíndo de titular, realizando un partido excepcional.

A seguinte vez que vimos lucirse ao meta ourensán foi no 43, cando este tapaba esplendorosamente os ocos no man a man con Tomás. O vigués regateara a varios adversarios, pero chegou algo desequilibrado á definición e o meta sacouna.

Este panorama inicial variou na segunda metade, cando o Compos si conseguiu darlle máis ritmo á pelota, facendo correr aos rivais detrás dela. Nunha desas longas combinacións, o balón chegou a Saro que tras unha rápida parede, soltaba un gran disparo á cepa do poste que volvía despexar o porteiro visitante.

A melloría era tal que no seguintes tres minutos dispuxeron de tres oportunidades. Un pase en profundidade de Tomás ao que non chega Recoba por moi pouco, un pase de Recoba para Tomás que este estrela contra un defensor e unha volea de Make no segundo pau á saída dun córner que se vai algo desviada.

Aínda así, a pesar da insistencia local, sería o Barbadás o que tería o primeiro gol nas súas botas no minuto 60. Un centro ao segundo pau desde a dereita era rematado por Alfredo, cunha volea cruzada que se foi por pouco.

O cansazo facía efecto e Yago viuno claro. Decidiu cambiar a Recoba e Rubén por Santi Gegunde e Martín, buscando máis verticalidade e pernas de refresco, un plan que saíu á perfección aínda que tardou en poñerse en marcha, xa que no 75 sería Lucas o que despexaría a córner un lanzamento de Cassio desde a frontal.

Non aproveitou as dúas que tivo o Barbadás e o Compos acabou por romper o marcador. De novo Saro aproveitaba a súa entrada en carreira desde atrás para sortear a un par de rivais, chegar á liña de fondo, centrar raso ao primeiro poste onde apareceu Santi Gegunde, que reaparecía hoxe despois da lesión, para controlar o balón e empuxalo á rede.

Restaban dez minutos pero o rival xa non inquietou e así foi como aínda se puido ver un gol máis do cadro branquiazul. Esta vez pola banda esquerda era Nogueira o que entraba como un obús, levándose en velocidade aos defensas, unha rapidez que tentou aproveitar para sortear a Berto, pero este leulle as intencións detendo o intento de caneo do dianteiro, pero era tal a forza coa que viña Noguegol que o balón rebotou nas súas pernas, caéndolle nos pés a Martín, que só tivo que empuxala porque estaba diante da liña e sen porteiro.

Con este tanto selábase a vitoria local que permite aos de Yago Iglesias irse de vacacións con 29 puntos, a dous do seu rival no día de hoxe e a cinco do cuarto posto que ocupa o Cerceda. A parroquia compostelanista vaise ao Nadal contentae cun desexo, unha vitoria contra o Deportivo B como agasallo de reis.

FICHA TÉCNICA

2- SD Compostela: Lucas; Saro, Cardeñosa, Taboada, Cabrejo; Ube, Make; Rubén (Martín, m.72), Tomás, Recoba (Santi Gegunde, m.62); e David Nogueira.

0- UD Barbadás: Berto; Martín, Quintairos, Marcelo, Geno (Igor, m.79); Ger, Cassio; Nespereira (Bruno, m.70), Luis (Daniel, m.87), Alfredo; e Rodrigo.

Goles: 1-0: Santi Gegunde, min.80; 2-0: Martín, min.92.

Árbitro: González Sobrado, comité vigués. Amoestou a Taboada por os locais e a Nespereira por os visitantes.

Incidencias: Partido da décimo novena xornada de Liga de Terceira División disputado no Estadio de San Lázaro ante 670 espectadores. Antes do comezo gardouse un minuto de silencio polo pasamento de Don Isidro Silveira e de Dona Ana María Enjamio e Dona Elena Marcu.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 days ago

SD Compostela
🏆🩵🤍 O COMPOS, CAMPIÓN DO TRIAGULAR VILA DE CAMBADOS@DeporCanteira 2️⃣ (8) - 2️⃣ (9) COMPOS⚽️ Goris | Manu RivasCOMPOS 1️⃣-0️⃣ Arosa SC⚽️ Turbi👏 Gran participación dos nosos que seguen a coller sensacións para a tempada📸 Ignacio Castaño Gómez#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 FINAAL@DeporCanteira 2️⃣ (8) -2️⃣ (9) COMPOS⚽️ Goris e Manu Rivas👉 Gañamos nunha tanda de penaltis interminable, tralo empate nos 45 minutos🧤 Edu parou o noveno penalti e Miguel Prado asinou o definitivo🏆 O campión do Triangular Vila de Cambados sairá do noso seguinte encontro📸 Ignacio Castaño Gómez#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
1' |0️⃣-1️⃣|🔛 COMEZOU o partido en Cambados e..... GOOOOOLLL de GORIIISSS!!! ⚽️⚽️⚽️Adiántanse os nosos contra o Fabril nada máis arrincar, co tanto do canteirán trala asistencia de Edu González📸 Nacho Castaño #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
Hoxe, dobre cita en Cambados! 🩵🤍🆚 Real Club Deportivo de La Coruña Fabril🕢 19:30 horas🆚 Arosa SC🕣 20:30 horas🏟️ Municipal de Burgáns🎟️ 10€🏆 Triangular Vila de Cambados#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
🤸‍♂️⚽️ Unha de malabares para arrincar esta nova semana de pretempadaA sesión de onte deixounos esta dobre acrobacia de TurbiDous golazos que nos deixaron coa boca aberta! 🤯🤯🤯🎥 Veo #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.