Os máis pequenos sacan a relucir a súa calidade antes do parón de Nadal

20 de Decembro de 2016

Santiago de Compostela, a 20 de Decembro de 2016.

As categorías inferiores da Sociedade Deportiva Compostela xa están a gozar das súas vacacións de Nadal, despois de que esta fin de semana pasada xogasen a última xornada do 2016. Nela, destacaron os triunfos das categorías máis pequenas: benxamíns, alevíns, infantís e cadetes.

Non tiveron tan bos resultados os xuvenís, xa que ambos perderon os seus encontros de Liga. O de Liga Nacional perdeu na casa ante o CD Choco. Os de Vecho non puideron manter a súa boa serie en casa e caen ao décimo quinto posto.

Pola súa banda, o B caeu tamén por 5-1 ante o Dubra SD, na súa visita ao campo da Tilleira. O gol de Diego Mariño no 36 foi insuficiente para un equipo que queda no undécimo lugar.

Si gañou o seu encontro o Cadete, triunfando por 4-1 ante o CD Boiro. Os branquiazuis adiantáronse co gol de Marcos Andrade e, a pesar de que os da Barbanza chegaron a empatar, conseguiron sentenciar o choque cos goles de Pablo Barreiro, Raúl García e Grigore Barbascumpa. Así, con estes tres puntos, o cadro dirixido por Xenxo ascende ao décimo lugar.

Outro equipo que goleou foi o Infantil A, que gañou por oito goles a cero á UD Bastavales. Os goles foron obra de Adrián Álvarez (dous), Gerardo Lago (dous), Martín Díaz, Alejandro Parga, David Porto e Yago Lois. Este resultado permítelles seguir en cuarta posición, enganchados no pelotón dianteiro.

Peor sorte correu o Infantil B, que perdeu 3-0 ante a SD Cacheiras na súa visita ao campo da Cañoteira, aínda que se mantén no sétimo lugar.

En canto aos Alevíns, o A gañou por 5 tantos a cero ao Compañía de María (Iván Vilaseco, Óscar García, Ruben Sande e Yago Lois (dous)) e pasan como quintos clasificados á segunda fase da competición.

Mentres que o B, que está oitavo, fixo o propio ante a AD Burgo dás Nacións por 3-7, con dobretes de Etien Pignol e Lois Fortes e tantos de Lucas Novo, Damián González e Xiao Pereiro.

Por último, o Benxamín sacou adiante o seu partido ante o CF Vista Alegre, ao que gañou por 0-1 co tanto de Mauro Crespo. Agora están nóvenos na clasificación.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
💫 "Debemos aspirar a morir jóvenes, lo más tarde posible". Con este titular culminou Joan Forcades o III Foro "Tecnoloxía e Deporte", organizado pola SD CompostelaCon dous referentes de alto nivel no campo da preparación física como o propio Joan, adestrador de Rafa Nadal e Carlos Moyá, entre outros deportistas; e Guillem Mascaró, preparador especializado en probas de ultrafondo e trail running; abordamos o papel do deporte na saúde e como a #innovación permite redefinir e transformar o exercicio físico, aportando valor e mellorando a calidade de vida das persoas👉 Neste senso, como destacaron os relatores, a #tecnoloxía permite traballar sobre o exercicio físico, o sono e a recuperación, a xestión do estrés ou a motivación, aportando información moi útil, a través dos datos, que permite realizar axustes personalizados ás necesidades de cada persoa, tomar mellores decisións e con maior antelaciónPero todas esas vantaxes deben traballarse con empatía, afondando na tecnoloxía con alma. Porque, na saúde, "o contexto social" é determinante 🫂 👏 Dende o club queremos agradecer a Joan e Guillem polo seu coñecemento compartido. Foi unha sesión moi enriquecedora, na que seguimos afondando na importancia da tecnoloxía no deporte e na saúde.Ademais, tamén queremos agradecer a presenza de Carmen Pita, directora de promoción de Turismo de Galicia; así como de Belén Xestal, encargada de dirixir o evento🙌 Do mesmo xeito, grazas tamén a todos os asistentes a este gran evento, celebrado no Museo Das Peregrinacións e de Santiago; así como aos patrocinadores do foro por facer posible esta nova edición 👉 Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia e o #Xacobeo2027; e Plexus Tech, coa súa nova división #PlexusSport📸 Fílmate Estudio Fotográfico y Audiovisual#tecnoloxía #deporte #innovación #envellecementoactivo #saude #exerciciofisico #calidaddevida #Santiago ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 hours ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso Unai Peón 🩵🤍Moitos parabéns, 𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨́𝐧!!Moitos parabéns e a celebralo mañá cunha gran vitoria!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

15 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Secho⚽️ O noso técnico avaliou o importante encontro deste domingo na nosa casa, no que os nosos queren volver gañar co apoio de todos#composatléticocoruña ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚽️ Un ano máis, apoiamos a doazón de órganos con Alcer Coruña, en colaboración co Pazo de RaxoiEste domingo, no Estadio, instalarase unha mesa informativa e repartiranse dípticos sobre o seu proxecto "Alcer 7 Vidas", que fomenta a doazón e os hábitos de vida saudables👉 santiagodecompostela.gal/gl/noticias/o-futbol-e-solidariedade-unense-no-vero-boquete-para-promove...#ComposAtléticoCoruña🫁O fútbol e a solidariedade únense no Vero Boquete para promover a doazón de órganos⚽️O partido que enfrontará a SD Compostela contra co Atlético Coruña Montañeros será a favor da promoción da doazón 👉A iniciativa enmárcase na campaña “Alcer 7 Vidas”, que fomenta a doazón e os hábitos de vida saudables, coa colaboración da Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, que dirixe María Rozas, Alcer Coruña e SD Compostela🗓️Domingo 19 de abril⏰18h📍Estadio Municipal Vero Boquete 🔗 i.gal/8oFkc ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.