Volta a lea

6 de Xaneiro de 2017

Santiago de Compostela, a 6 de Xaneiro de 2017.

Despois do protocolario descanso do Nadal, as categorías inferiores da Sociedade Deportiva Compostela retoman as súas respectivas competicións na segunda fin de semana de 2017.

O xuvenil de Liga Nacional pretende retomar a senda da vitoria, despois de que nas últimas dúas xornadas de decembro volvesen caer ao décimo quinto posto. Para iso, tentarán gañar na Grela 1 ao Calasanz, o domingo ás 10:00.

Pola súa banda, o xuvenil B xogará o sábado ás 16:00 no campo Manuel Paz Nogueira ante o Atlético Fátima. O cadro branquiazul, undécimo na táboa, buscará comezar con bo pé esta segunda volta e subir na clasificación.

Si xogará nas Cancelas o cadete, o domingo ás 10:30 ante o CD Rois. Tamén no comezo da segunda parte do campionato, o Compos buscará unha regularidade que lle permita mellorar a súa décima posición.

Tamén de local disputará o seu partido o Infantil A, aínda que no campo da Merced, en Conxo. O seu encontro disputarase ás 10:30 e o seu rival será o Val do Ulla. Os mozos da Esedé tentarán gañar para manterse na parte alta da táboa. Unha zona que quere alcanzar do mesmo xeito o Infantil B, que se medirá ao Vitoria FC o domingo nas Cancelas ás 12:15.

Os únicos que non xogarán neste fin de semana serán os alevíns, tanto o A como o B, xa que o Bexamín tamén volverá a lea o sábado, para disputar nas Cancelas ás 16:30 o seu encontro de liga contra a Compañía de María.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
SD Compostela ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 hours ago

SD Compostela
💜 Unha loita que non entende de coresPor unha sociedade máis igualitaria, sen brechas de xénero e libre de violencias machistasNeste #8M e sempre ✊💜 #DíaInternacionaldaMuller ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 hours ago

SD Compostela
𝐃𝐈𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐀𝐑𝐓𝐈𝐃𝐎 🩵🤍⚽️🔥 A pola vitoria en Lugo!🆚 Club Deportivo Lugo B🕟 16:30 horas🏟️ A ChedaApoia aos nosos neste importante partido! 🫂#LugoBCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
⚽️📋 CONVOCATORIA 🆚 Club Deportivo Lugo B 🩵🤍 Os nosos para mañá ás 16:30 horas na Cheda👉 Da Canteira Picheleira entran Manza, do Xuvenil A; e Lucas e Iván, do Sigüeiro📋 No campo, o corpo técnico fará dous descartes#LugoBCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏🗣️ Secho🆚 Club Deportivo Lugo B ⚽️ Previa do noso adestrador sobre o partido dos nosos en Lugo, este domingo ás 16:30 horas#LugoBCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.