Volta a lea

6 de Xaneiro de 2017

Santiago de Compostela, a 6 de Xaneiro de 2017.

Despois do protocolario descanso do Nadal, as categorías inferiores da Sociedade Deportiva Compostela retoman as súas respectivas competicións na segunda fin de semana de 2017.

O xuvenil de Liga Nacional pretende retomar a senda da vitoria, despois de que nas últimas dúas xornadas de decembro volvesen caer ao décimo quinto posto. Para iso, tentarán gañar na Grela 1 ao Calasanz, o domingo ás 10:00.

Pola súa banda, o xuvenil B xogará o sábado ás 16:00 no campo Manuel Paz Nogueira ante o Atlético Fátima. O cadro branquiazul, undécimo na táboa, buscará comezar con bo pé esta segunda volta e subir na clasificación.

Si xogará nas Cancelas o cadete, o domingo ás 10:30 ante o CD Rois. Tamén no comezo da segunda parte do campionato, o Compos buscará unha regularidade que lle permita mellorar a súa décima posición.

Tamén de local disputará o seu partido o Infantil A, aínda que no campo da Merced, en Conxo. O seu encontro disputarase ás 10:30 e o seu rival será o Val do Ulla. Os mozos da Esedé tentarán gañar para manterse na parte alta da táboa. Unha zona que quere alcanzar do mesmo xeito o Infantil B, que se medirá ao Vitoria FC o domingo nas Cancelas ás 12:15.

Os únicos que non xogarán neste fin de semana serán os alevíns, tanto o A como o B, xa que o Bexamín tamén volverá a lea o sábado, para disputar nas Cancelas ás 16:30 o seu encontro de liga contra a Compañía de María.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 day ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos regresou á senda do triunfo na casa cun triunfo solvente contra o Alondras👉 sdcompostela.com/gl/2026/03/14/compos-vitoria-3-0-vs-alondras/📸 Nacho Castaño #composalondras ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Vecho⚽️ O segundo adestrador, esta tarde no banco pola sanción a Secho, valorou moi positivamente o labor do equipo na vitoria na casa por 3⃣-0⃣ #composalondras ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 3️⃣-0️⃣ Alondras C.F. ⚽️⚽️ Maceira | ⚽️ Parapar (p.)🩵🤍🩵🤍🩵🤍🩵🤍💪 E CHEGOU A BUSCADA VITORIA NA CASA! OS NOSOS REGRESAN Á SENDA DO TRIUNFO!📸 Nacho Castaño #composalondras ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⏱️ COMEZOU a 2ª metadeAta o final! 💪⚽️📸 Nacho Castaño #composalondras ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.