Rober Fernández, un xogador para ambas bandas

17 de Xuño de 2017
Róber, no momento de marcar un dos tantos, dos dous que anotou. Foto: Amadeo Rey.
Róber, no momento de marcar un dos tantos, dos dous que anotou. Foto: Amadeo Rey.

 

  • O extremo, procedente do Choco, firma ata xuño de 2018.

Santiago de Compostela, a 17 de Xuño de 2017.

Un reforzo para ambas as bandas. Roberto Fernández Martínez (O Porriño, 19/09/89), extremo procedente do CD Choco, é a cuarta fichaxe da SD Compostela 2017/18. O xogador, tras un periplo de catro anos nas filas choqueiras, firma co Compos por unha tempada.

‘Róber’ é un extremo que pode xogar tanto pola dereita, como pola esquerda, polo que virá competir por un posto cos extremos, que xa renovaron o seu vínculo co equipo, Diego Rey e Rubén Martínez.

A nova incorporación chega tras un brillante ano no Choco, o mellor en cifras, dos catro cursos que estivo alí, nunha tempada na que o equipo comezou mal, pero acabou no décimo lugar, tras unha segunda volta fantástica. Xogou un total de 34 partidos, 29 de titular e os restantes cinco de suplente, nos que anotou, a pesar de xogar en banda, 13 goles, un deles de penalti.

Nos partidos que xogou este ano pasado contra o Compos causou unha gran sensación. Foi o único futbolista que foi capaz de bater a Lucas, xa que anotou o gol da ida e os dous da volta. Foron tres tantos que serviron ao seu equipo para empatar ambos encontros contra os nosos.

En cursos pasados, nun Choco que pelexou polo playoff de ascenso, participou en 35, 26 e 17 choques, respectivamente. Nesas tres tempadas anotou nove goles, sendo a primeira delas, con seis, a máis frutífera ata o curso pasado.

Con esta nova incorporación, o Compos ficha a un xogador con ampla experiencia na categoría, xa que tamén disputou unha tempada co Cultural Areas, e que xa sabe o que significa pelexar polo playoff de ascenso, e disputalo. A directiva espera ademais que manteña a súa xeira goleadora en San Lázaro, o que reportará vitorias ao equipo.

Con Róber son xa dezaseis, os xogadores que se comprometeron coa nosa entidade, dos cales, catro son caras novas. De todas elas, esta nova incorporación é a primeira que vén ocupar un posto do último terzo de campo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

4 hours ago

SD Compostela
🏟️🩵🤍 Este sábado, o primeiro gol témolo que marcar xa dende a bancadaO Vero Boquete ten que ser un fortín, como o foi noutros play off!! 💪Entre todos, acadaremos a clasificación e celebrarémolo xuntos 🫂👉 Recorda que se eres abonado, ademais de entrar gratis, podes retirar unha entrada a maiores por 5€ (ata o venres ás 15:00 horas na Oficina, Tenda ou online)📲 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/#composvilalbés ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Comeza o traballo para o duelo crucial deste sábado na nosa casa👉 Os nosos inician os adestramentos esta tarde e terán catro sesións para a volta do play off💪 Traballo intenso e duro para, coa axuda de todos, superar a rolda#composvilalbés ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🩵🤍 Este sábado, a certificar o pase na nosa casa!!!⚽️ 𝐕𝐨𝐥𝐭𝐚 𝐒𝐞𝐦𝐢𝐟𝐢𝐧𝐚𝐢𝐬🆚 RACING CLUB VILLALBÉS🕕 18:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/👉 Abonados: Gratis🙌 PROMOCIÓN ENTRADAS: Cada abonado pode retirar, a maiores, unha entrada por 5€ (ata o venres ás 15h), na Oficina, na Tenda ou Online (neste caso, hai que sumar os gastos de xestión)🏟️ Para público xeral, as entradas poden mercarse online ou o sábado no Despacho de Billetes#composvilalbés ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
Feliz #DíaDasLetrasGalegas!! 🩵🤍 Neste día, compartimos o documental da Real Academia Galega sobre a escritora e xornalista, homenaxeada este anoDestacamos o seu compromiso coa lingua e a cultura galega, un exemplo de defensa da nosa identidade🎥 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🔚 FINALRACING CLUB VILLALBÉS 0️⃣-0️⃣ COMPOSO Compos non pasa do empate, pese ás oportunidades, e queda todo pendente para a volta na nosa casa!Grazas a todos por acompañarnos en Vilalba! A pola volta co voso apoio!!📸 Nacho Castaño #villalbescompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.