Manter a xeira no fortín de San Lázaro

1 de Setembro de 2017
Alex Ares no encontro contra o Ribadumia. Foto: Amadeo Rey.
Alex Ares no encontro contra o Ribadumia. Foto: Amadeo Rey.

Santiago de Compostela, a 1 de setembro de 2017.

A SD Compostela, tras as súas dúas vitorias consecutivas noutros tantos encontros, buscará o 3/3 este domingo en San Lázaro, ante un rival, que a pesar de ser un recentemente ascendido, chega con idénticos números. Por tanto, os de Yago Iglesias terán que realizar un partido moi completo se queren manter a xeira, ilusionando a unha bancada que acompañará ao conxunto no seu fortín, o Estadio Municipal de San Lázaro.

Comezar con tan bo pé axuda a alcanzar o obxectivo final, pero para iso “haberá que lograr pequenas metas co paso do tempo, unha delas, lograr os mesmos puntos ou máis que o curso pasado en casa”, apunta o técnico branquiazul. O terreo de xogo de Santiago axuda a practicar o xogo que expón Yago, ao mesmo tempo que complica a un rival, inadaptado a esas condicións. É así que o adestrador resalta que xogar na casa “é unha satisfacción”.

A toma de contacto co multiusos foi moi boa, cunha goleada ao Silva, na que se demostrou o potencial ofensivo do equipo. “Somos un equipo que xera moitas ocasións”, sinala Yago. Por contra, os visitantes, e tal como apunta o adestrador ribeirense, “son un conxunto moi ben traballado defensivamente”, como así o demostran os dous primeiros encontros nos que non encaixou ningún tanto.

Ademais, recalca o técnico que son “moi poderosos en balón parado, contan con xogadores rápidos arriba e teñen un gran plantel”. Tras o seu convenio co Deportivo, “contan con xogadores do Depor B de Terceira, algún xuvenil e mesmo algún cedido recentemente fichado polo Fabril”, aos que se lle suman outros veteranos como “Angeriz, Taibo ou Ballesteros”.

A este potencial haberalle que sumar a “ilusión” por xogar contra o Compostela e en San Lázaro, polo que Yago ten claro que non se poden fiar e que terán que xogar un gran partido para levar os tres puntos.

Co apoio do público e a boa dinámica, que axuda a “transmitir os conceptos entre semana”, esperan alcanzar os nove puntos, aínda que para iso tamén apunta que deberán traballar mellor a formulación defensiva de todo o equipo.

A pesar de repetir o once no inicio ligueiro, Yago Iglesias asegura que o once non está pechado e que sente moi orgulloso de todo o plantel, onde todos están a render a un gran nivel, tanto os que entran de inicio como os suplentes. Eles serán os encargados de manter a xeira no fortín.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

4 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Desfrutade desta gran noite que quedou tras este gran +3⃣ na nosa casa 😍 #composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

6 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #composastorgaO técnico do Compos valorou o importante triunfo na casa e destacou as grandes sensacións mostradas e o fútbol de ataque do equipo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 4️⃣-1️⃣ @AtleticoAstorga⚽️⚽️ Dani González ⚽️ Buba | Unai PeónPARTIDAZO E OS TRES PUNTOS QUEDAN NA CASA 🩵🤍UNHA VITORIA MERECIDA E QUE DESFRUTAMOS XUNTOS 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO 👥🙌📸 Ignacio Castaño Gómez#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 3️⃣-0️⃣ Atletico Astorga ⚽️ Buba | Unai Peón | Dani GonzálezQUE GRAN PRIMEIRA METADE DOS NOSOS! 🔥📸 Nacho Castaño #composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
🔛 COMEZOU COMPOS 🆚️ Atletico Astorga 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.