Estrea idílica no Vero Boquete

18 de Novembro de 2018
Álex Ares remata a gol de cabeza, nun partido patrocinado pola Bodeguilla de San Lázaro. Foto: Amadeo Rey.
Álex Ares remata a gol de cabeza, nun partido patrocinado pola Bodeguilla de San Lázaro. Foto: Amadeo Rey.
  • O 3-0 aos quince minutos sentenciou un partido no que o Compos foi moi superior ao seu rival

Santiago de Compostela, a 18 de novembro de 2018.

O inicio da SD Compostela no Vero Boquete de San Lázaro foi idílico. Mellor tarde de fútbol imposible para estrear a nova denominación do fortín branquiazul. Un 3-0 en tan só quince minutos sentenciou un encontro no que o Compos foi moi superior ao seu rival e que se acabou levando por 4-1.

Brais Abelenda, Álex Ares e Aythami encarrilaron o partido nos primeiros compases, despois, Mon rompeu a dinámica desde os once metros e, no 64, Félix maquillaría o resultado final.

Viña dicindo Yago Iglesias en semanas pasadas que se o seu equipo tivese un mínimo dun 50% de acerto nas ocasións que xeraba, sairía con marcadores moi favorables. Hoxe, no día da estrea do Vero Boquete de San Lázaro, os branquiazuis cumpriron a premisa do seu técnico e en quince minutos impecables, nos que aproveitaron tres das catro chegadas á área, certificaron un claro 3-0 inicial.

Como vén sendo habitual no seu fortín, a SD Compostela saíu cunha gran intensidade ao terreo de xogo, como se mostrou na primeira ocasión do partido. Xa no minuto inicial, Samu quedou só na área, tras recoller un rebote, pero o seu tiro forzado sacouno co pé, a córner, Cortegoso.

Semellaba que se repetía a tónica habitual, pero aos sete minutos, o balón xa acabou na rede. Aythami recuperouna no medio e púxoa en velocidade para un Brais Abelenda, que recortou cara dentro e, con pausa, meteuna rasa polo primeiro pau. O pichichi branquiazul sumou así o seu quinto tanto do curso.

O tanto animou aos nosos que, de novo por banda esquerda, chegaron á senda do gol. Xogada rápida na que recibiu Naveira en banda, centrouna ao punto de penalti e Álex Ares, chegando desde atrás, embocou de cabeza o seu cuarto gol en liga.

Tamén anotou o seu cuarto tanto, seis máis tarde, Aythami, nunha xogada que mostrou á perfección o estilo de xogo dos nosos. Álvaro Casas abriu para Brais Abelenda, o extremo encarou ao seu lateral e púxoa para Álex Ares, quen a controlou para que Aythami, en xiro, a colocase á cepa do poste. Un golazo que deixaba o partido cunha clara vantaxe en apenas quince minutos.

Por diante no marcador, o Compos seguiu percutindo ata o descanso, pero tanto Álex Ares como Josiño, en xogadas xeradas a partir da velocidade por banda de Saro, non atoparon os tres paus da portería visitante.

Á volta dos vestiarios, os branquiazuis saíron a controlar o partido, pero iso non evitou que seguise gozando de boas oportunidades, con contras tan claras como a que propiciou o cuarto tanto.

Brais Abelenda dispúñase a bater a Cortegoso no man a man, pero Fiuza empuxouno por detrás e o colexiado sinalou o punto de penalti. O día era tan propicio que, esta vez, desde o punto fatídico, a pelota por fin acabou no fondo da rede. O capitán Mon Vives, que acababa de entrar, mostrou sangue frío e anotou enganando ao porteiro.

Con todo, os visitantes reaccionaron rápido e, aos dous minutos, anotaron o tanto da honra. Carlos púxoa ao punto de penalti e Félix rematou de primeiras ao fondo das mallas para recortar distancias.

Pese ao gol, non houbo tempo para as sorpresas e o Compos certificou unha nova vitoria, na súa sexta semana invicto. Estrearon os nosos da mellor maneira posible o Vero Boquete de San Lázaro e, ademais, co tres puntos superaron a cifra que levaban o curso pasado a estas alturas.

Hai tardes que quedan para o recordo e a estrea do Vero Boquete, sen dúbida, será unha delas para os branquiazuis. Agora, tocará seguir co refacho na visita ao Arenteiro o próximo fin de semana.

FICHA TÉCNICA:

4- SD Compostela: Anxo Pérez; Saro, Álvaro Casas, Piscu, Naveira; Samu (Mon, m.58), Marcos Remeseiro (Josiño, m.32); Miky (Sergio Pereira, m.66), Álex Ares, Brais Abelenda; e Aythami.

1- CD Choco: Cortegoso; Carlos (Xián, m.66), Fiuza (Gabi Misa, m.72), Aitor, Lazcano; A. Suárez, Nacho; Palmas (Vilas, m.75), Caloi, Comis; e Félix.

Goles: 1-0: Brais Abelenda, min.7; 2-0: Álex Ares, min.9; 3-0: Aythami, min.15; 4-0: Mon (p.), min.62; 4-1: Félix, min.64.

Árbitro: Pérez Martínez, colexio ourensán. Amoestou a Marcos Remeseiro e Naveira, polos locais; e a Aitor, Fiuza e Caloi, polos visitantes.

Incidencias: Partido da décimo terceira xornada de liga do grupo 1 da Terceira División disputado no Estadio de San Lázaro ante 950 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🎯 A recuperar a senda da vitoria! 💪 Queremos o triunfo na nosa casa! 🩵🤍x16 🆚 Real Ávila CF 🏟️ Vero Boquete🗓️ Domingo 15/12🕠 17.30 horas🎅 Patrocinado por Centro Comercial As Cancelas 📺 En Xogo 🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🎁🎄 RECORDA, cada Abonado +16 anos pode retirar ONLINE unha invitación de balde para a súa mesma zona🚨⏰ OLLO! O partido moveuse ás 17.30h#composrealávila ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐒𝐄𝐌𝐀𝐍𝐀𝐋⚒️ Regreso aos adestramentos esta tarde co obxectivo de recuperar a boa senda de resultados⚽️ Cinco sesións para preparar o partidazo na nosa casa contra o Real Ávila CF #composrealávila ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐝𝐏🎙️ 𝐀𝐧𝐭𝐨́𝐧 𝐏𝐞𝐫𝐦𝐮𝐲🗣️ Declaracións de Antón Permuy trala derrota en Torrelavega🎥 RS Gimnástica #rsgcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 𝐅𝐈𝐍𝐀𝐋RS Gimnástica 2️⃣-0⃣ COMPOS#rsgcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSORS Gimnástica 2️⃣-0⃣ COMPOS👉 Tocará remontar na segunda metade#rsgcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.