Novo empate nunha saída complicada

6 de Decembro de 2018
Brais Abelenda nunha xogada de ataque do Compos. Foto: Amadeo Rey.
Brais Abelenda nunha xogada de ataque do Compos. Foto: Amadeo Rey.
  • Ballesteros adiantou aos locais na primeira e Aythami igualou na segunda

Santiago de Compostela, a 6 de Decembro de 2018.

A SD Compostela sumou un novo noutra dura saída. Os branquiazuis romperon a dinámica de resultados na Magdalena cun empate a un tanto, despois dun partido moi igualado no que o marcador puido caer para calquera lado. Así, os nosos seguen sumando semanas sen perder e aumentando o refacho de imbatibilidade como visitantes.

Javi Ballesteros adiantou aos locais en Vilalba, cun tanto aos 12 minutos, pero Aythami igualou as forzas no 52. Despois, a pesar da insistencia de ambos, o luminoso xa non se moveu e o partido acabou con repartición de puntos.

Co plan de San Lázaro, o Compos saltou ao céspede da Madalena coas ideas claras e a intención de levar o peso do partido coa posesión. Así, os visitantes foron os primeiros en avisar cunha dobre oportunidade antes do minutos 10. Primeiro Aythami non atopou rematador no seu pase da morte e, no córner posterior, Brais Abelenda enviou arriba un remate de cabeza na área pequena.

A pesar diso, os locais, aproveitando un golpeo curto de Anxo Pérez, serían os primeiros en mover o marcador. O saque do meta branquiazul capturouno Ballesteros quen, tras chocar con Piscu, mandou o balón á rede, definindo ao carón no man a man.

O tanto, con todo, non modificou a dinámica do encontro e o Compos seguiría insistindo en área rival, ante un Vilalbés plantado en liña defensiva. Brais Abelenda, trala asistencia de Santi, cruzaría demasiado un disparo desde o pico da área, mentres que cinco minutos máis tarde, no man a man, buscou a asistencia atrás para Aythami, pero o punta canario escorregouse antes de executar o disparo.

Tamén de balón parado atopou as súas opcións o Compos. No 24, tras sacar en curto, Álex Ares colgou o balón ao punto de penalti pero David Uña, de cabeza, enviou o balón rozando o pau da meta de Javi Pita.

Co paso dos minutos, a primeira parte volveuse máis lenta, sen brillo no xogo, e serían os visitantes os que terían a última. Javi Varela atopouse o esférico no punto de penalti, tras un mal despexe da zaga, pero Anxo Pérez sacou o disparo do mediocentro tirando de reflexos.

Á saída dos vestiarios, sen pensar no sucedido anteriormente, o Compos seguiu co seu plan de xogo e acabou por atopar o premio aos sete minutos. Santi recibiu en tres cuartos, gañouse o sitio e puxo o balón ao espazo para un Aythami que tras controlar, regateou ao porteiro e marcou a portería baleira coa súa perna dereita.

Tralo tanto, o Vilalbés reaccionou da man do seu técnico cun cambio de táctica. Entrou Álex Pérez por Taboada para situar dúas puntas e sería, precisamente, o recentemente entrado, o que atopou un espazo na banda para poñer un centro con veleno que quedou solto na área e que Make remachou, pero Anxo Pérez, de novo, aguantou á perfección e sacouna coa man.

A pesar da reacción local, o Compos non se amedentrou e volveu gozar de claras oportunidades. Aythami tivo un man a man, no 77, no que buscou a picada, pero esta marchouse polo lateral, mentres que Marcos Remeseiro rozou o golazo cun golpeo de lonxe que se foi rozando o traveseiro.

No ida e volta, Álex Pérez tamén tería unha ocasión clara cando conseguiu recibir só na área, pero o seu disparo marchouse moi cruzado, malia que faltaba a última do encontro. Trala expulsión de David Uña por dobre amoestación, os locais colgaron o balón á área, pero Anxo e Naveira, baixo paus, evitaron o segundo tanto local.

Como mal menor, a SD Compostela acabouse levando un punto da Magdalena, mantendo a súa imbatibilidade de visitante, á vez que segue sumando semanas sen coñecer a derrota. Con este novo empate, o equipo segue no pelotón de cabeza, facendo valer o triunfo do domingo e coa firme intención de vencer no seu regreso ao fortín branquiazul dentro de dez días.

FICHA TÉCNICA:

1- Racing Vilalbés: Javi Pita; López, Vérez, Muíña, Buyo; Javi Varela, Santi Taboada (Álex Pérez, m.60); Jose Varela, Make, Diego Rey (Moreda, m.78); e Ballesteros.

1- SD Compostela: Anxo Pérez; Saro, Piscu, David Uña, Naveira; Samu, Marcos Remeseiro (Mon, m.83); Álex Ares, Santi (Miky, m.66), Brais Abelenda; e Aythami.

Goles: 1-0: Ballesteros, min.12; 1-1: Aythami, min.52.

Árbitro: González Sobrado, colexio vigués. Expulsou a Manu Castiñeiras no banco (m.63) por protestar e a David Uña (m.92) por dobre cartón. Ademais, amoestou a Muíña e Moreda, polos locais; e a Brais Abelenda e Saro, polos visitantes.

Incidencias: Partido da décimo sexta xornada de liga do grupo 1 da Terceira División disputado no Estadio Municipal A Magdalena ante 500 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

7 hours ago

SD Compostela
🫂🩵🤍💪 Mañá 👉 17.00 horas 🏟️ Vero Boquete 📸 Nacho Castaño #composbergan ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
𝐂𝐎𝐍𝐕𝐎𝐂𝐀𝐓𝐎𝐑𝐈𝐀 🆚 Bergantiños FC - Escuelas Luis Calvo📋 Luisito🩵🤍 Os nosos para o derbi de mañá no Vero Boquete✅ Iker Gil, da Canteira Picheleira; e regresa Ocaña❌ Pablo Crespo, por lesión; e Álvaro Casas e Santi de Prado, por sanciónℹ️ Mañá, dous descartes#composbergan ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐑𝐝𝐏 🆚 Bergantiños FC - Escuelas Luis Calvo 🎥 Luisito🗣️ Previa do adestrador branquiazul antes do derbi deste domingo no Vero Boquete📸 Acompañounos Wendy M. Otero, responsable de comunicación e marketing de Grupo Alumisan, patrocinador do encontro#composbergan ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔹 Interesante II Xornada de 'Tecnoloxía e Deporte' con dous grandes ponentes como Miguel Ángel Leal e Lalo García⚽️ Ambos ilustráronnos sobre o uso da tecnoloxía no deporte en xeral e no fútbol en particular, expoñéndonos como o dato pode axudar, por exemplo, na toma de decisións ou na experiencia do afeccionadoCo CEO de LaLigaTECH do 2021 ao 2024 e co Cofundador de Galicia Sportech Congress tivemos a fortuna de abordar este impacto tecnolóxico no deporte desde o prisma dunha patronal como a Liga de Fútbol Profesional, por un lado, e dos clubs, polo outro🤝 Grazas Miguel Ángel e grazas Lalo polo voso tempo e o voso coñecemento compartido. Foi un pracer!E grazas tamén a Turismo de Galicia por coorganizar este gran evento que realizamos no Museo Das Peregrinacións e de Santiago#tecnoloxíaedeporte ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
ℹ️ SANCIÓNS🟨 Álvaro Casas e Santi de Prado cumplirán sanción este domingo no derbi tras recibir o quinto cartón amarelo📸 Nacho Castaño #composbergan ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.