Gran experiencia no primeiro CampusCompos organizado en Melide

5 de Xullo de 2019

Campus Melide Día 3 2

  • Cincuenta e dous pequenos gozaron dos xogos e actividades durante cinco días

Melide, a 5 de Xullo de 2019.

O Campo Municipal de Melide acolleu esta semana a primeira edición do #CampusCompos celebrado na localidade. Con cincuenta e dous pequenos inscritos, o resultado desta experiencia innovadora foi todo un éxito. Os nenos e nenas participantes pasárono en grande cos xogos e actividades programados polos adestradores, á vez que traballaron valores como a amizade, a autoestima, a tolerancia, a solidariedade, a igualdade, o respecto ou o deporte limpo.

Organizado durante as mañás, os menores, ademais de progresar e perfeccionar aspectos técnicos e tácticos do fútbol, tanto individuais como colectivos, gozaron tamén cos momentos de convivencia, no que se realizaron diferentes sorteos de agasallos e nos que recibiron a visita de Samu Rodríguez, xogador do primeiro equipo da SD Compostela.

A iniciativa pechouse este mesmo mediodía cunha última xornada na que puideron divertirse cos inchables acuáticos de Bj Trainers, como forma de clausurar a cita ao grande. Ademais, finalizaron o Campus coa entrega dos diplomas acreditativos da súa participación, así como co agasallo do equipamento completo do evento, xentileza de Jim Sports.

Unha vez concluído, desde a SD Compostela queremos agradecer a confianza dos pais e nais que decidiron apuntar aos seus fillos ou fillas no Campus, emprazándoos a repetir o próximo curso. Cabe resaltar, do mesmo xeito, o labor dos adestradores, sempre atentos ás necesidades dos menores e con iniciativa para que o pasasen o mellor posible.

E por último, acordarse tamén das empresas colaboradoras que fixeron posible a aterraxe neste municipio por primeira vez e que nos achegan esa forza para seguir continuando coa expansión do proxecto branquiazul. Mención especial para Jim Sports, coa súa marca Softee, patrocinador principal, pero sen esquecerse da gran colaboración do Concello de Melide, Gadis, Viñoteca Ribeirao, García e Sánchez Construcciones, Construcciones Leonardo Miguélez, Bj Trainers, Halé Shop, Kia Compostela Concesionario, Gráficas Alonso e Deputación da Coruña.

Campus Melide Día 4 1

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 days ago

SD Compostela
Álvaro Casas e a SD Compostela separan os seus camiñosDespedimos a unha lenda do club tras 8 tempadas e 262 partidos! ⚽️Moitísimas grazas por todo, capitán! ©️ O Compos sempre será a túa casa! 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/06/11/alvaro-casas-compos-262-grazas/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 days ago

SD Compostela
➕1⃣📣 Pablo Crespo seguirá un ano máis liderando a defensa da SD Compostela🤝 O central renova por unha tempada, con opción a outra máis, co obxectivo de acadar o ascenso𝐏𝐚𝐛𝐥𝐨 𝐂𝐫𝐞𝐬𝐩𝐨 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/06/06/pablo-crespo-renovacion-compos/#pablocrespo2026 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 week ago

SD Compostela
📋 𝐂𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐛𝐚𝐢𝐱𝐚𝐬Fer Cano, Ocaña e Carlos Cinta non continuarán na SD Compostela a próxima tempadaGrazas polo voso traballo e sorte para o futuro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 week ago

SD Compostela
📋 𝐂𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐛𝐚𝐢𝐱𝐚𝐬Santi de Prado, Markitos, Carlos Pérez, Fausto Tienza, Bruno Scorza e Selasi non continuarán na SD Compostela a próxima tempadaGrazas polo voso traballo e sorte para o futuro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 weeks ago

SD Compostela
➕1⃣ 📣 Secho renova por unha tempada coa SD Compostela👉 Será tamén o novo responsable da configuración do plantel do primeiro equipo𝐒𝐄𝐂𝐇𝐎 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/05/27/secho-renova-compos-1-ano/#secho2026 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.