Primo: “Estou moi orgulloso de volver vestir esta camiseta”

7 de Novembro de 2019
Primo 2 1
Segundo Rey, fundador de la empresa, Primo e Javier Puñal, director de marketing do club.
  • O dianteiro cántabro foi presentado esta mañá na sede de Segundo Rey

Santiago de Compostela, a 7 de Novembro de 2019.

O momento que todos desexaban viviuse esta mañá nas instalacións de Segundo Rey, patrocinador oficial do club. Óscar Conde Cruz ‘Primo’ vestido de novo coa branquiazul. O dianteiro cántabro, co transfer xa na man, aínda que a falta dun pequeno trámite para poder solicitar a ficha, agarda con gañas volver vestirse de curto co Compos.

“Desde o primeiro momento, tiña a idea clara de volver aquí, o que pasaba é que ata que non terminei o meu contrato en Islandia non podía ser oficial. Estou moi contento e con ganas de achegar canto antes”, explicou o punta.

Na súa volta, Primo atopouse con vellos coñecidos, algo que tamén tivo en conta á hora de tomar a decisión. “O vestiario, por fortuna, é san, igual ao de hai dous anos, polo que estou moi contento. O corpo técnico ou a xunta directiva é a mesma, a estrutura do club para traballar é espectacular e a decisión vai tamén por aí”, analizou.

Sen dúbida, en Santiago, o dianteiro é unha persoa feliz. “Tiña a idea de gozar, de volver sentirme feliz dentro do campo, e non hai mellor equipo para iso que o Compostela, porque xa estiven aquí e funo. Por iso, estou moi orgulloso de volver vestir esta camiseta”, destacou.

Ademais, séntese en dúbida coa cidade e co equipo, polo que ten claro o que achegará. “Tentarei axudar con goles, pero tamén con traballo e baleirándome no campo para axudar a conseguir os obxectivos”, engadiu.

Malia que asegurou que lle faltan dous ou tres partidos para acabar de coller o ritmo de competición, tras algo máis dun mes parado, Primo declárase un namorado do xogo do equipo e que ten moitas gañas de xogar. “Vendo os últimos partidos do equipo, con tantas ocasións que se xeran, estou a desexar participar xa. Levaba un ano e medio sen ver tantas ocasións, o do domingo foi incrible. En comparación a hai dous anos, agora chegamos moito máis fácil á liña de fondo e con diversidade de ocasións”, remarcou ante os medios presentes.

Nese último aspecto, no plantel nota algún cambio máis, aínda que deixa as notas para final de campaña. “O cambio quizais sexa o oficio dalgúns xogadores, pero as notas son en xuño e hai que agardar ata esa data. O que si, ademais do gran plantel, vexo moita variedade á hora de elixir e iso axudaranos de cara ao final e ao posible playoff”, concluíu, antes de deixar no aire a posibilidade de volver poñerse a venda. “Levo un ano e medio sen poñela e non me foi moi ben, así que igual este ano volve”, pechou entre risas.

Primo 1

Youtube

Instagram Compos

Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🎯 A recuperar a senda da vitoria! 💪 Queremos o triunfo na nosa casa! 🩵🤍x16 🆚 Real Ávila CF 🏟️ Vero Boquete🗓️ Domingo 15/12🕠 17.30 horas🎅 Patrocinado por Centro Comercial As Cancelas 📺 En Xogo 🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🎁🎄 RECORDA, cada Abonado +16 anos pode retirar ONLINE unha invitación de balde para a súa mesma zona🚨⏰ OLLO! O partido moveuse ás 17.30h#composrealávila ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐒𝐄𝐌𝐀𝐍𝐀𝐋⚒️ Regreso aos adestramentos esta tarde co obxectivo de recuperar a boa senda de resultados⚽️ Cinco sesións para preparar o partidazo na nosa casa contra o Real Ávila CF #composrealávila ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐝𝐏🎙️ 𝐀𝐧𝐭𝐨́𝐧 𝐏𝐞𝐫𝐦𝐮𝐲🗣️ Declaracións de Antón Permuy trala derrota en Torrelavega🎥 RS Gimnástica #rsgcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 𝐅𝐈𝐍𝐀𝐋RS Gimnástica 2️⃣-0⃣ COMPOS#rsgcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSORS Gimnástica 2️⃣-0⃣ COMPOS👉 Tocará remontar na segunda metade#rsgcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.