
- O broker enerxético máis grande de Galicia estará presente na camiseta de Guille Torres
Santiago de Compostela, a 1 de Decembro de 2020.
Valmy Atlántica, o asesor enerxético máis grande de Galicia, súmase á familia da SD Compostela. A empresa coruñesa, que negocia máis de 500 millóns de quilovatios ao ano en electricidade, únese ao proxecto branquiazul e faio vestindo a camiseta do central Guille Torres.
O grupo, que conta con vertente industrial (para grandes empresas) e outra para Pemes e domicilios, axuda ao ano a miles de negocios e particulares no seu aforro da factura de luz e do gas. A través dun comparativo das ofertas de varias compañías eléctricas, e en varias modalidades, con total transparencia e sen ningún tipo de compromiso, facilitan a selección da oferta que mellor se adapta ás necesidades de cada un.
Por iso, o cliente é o consumidor e garanten que non se contrate ningún servizo engadido. Ademais, cada ano, lembran a renovación do contrato eléctrico a cada cliente, co obxectivo de non perder descontos e evitando que lle suban o prezo. Ademais, grazas ao seu gran equipo humano, axudan a deseñar a mellor estratexia de contratación, segundo a situación presente e futura do mercado enerxético (Operador Mercado Eléctrico Español -OMEL- / Operado Mercado Ibérico de Enerxía -OMIP-).
Do mesmo xeito, dispoñen de equipos de acumulación de enerxía eléctrica para economizar en custos de electricidade (RCT Power), perfectos para combinar con placas solares e cargadores de coches eléctricos, os cales se poden atopar na súa páxina web (https://www.valmyatlantica.com/).