Inscríbete na Academia da SD Compostela antes do 13.10 e obtén un 50% no primeiro mes

27 de Setembro de 2023
Talleres de Memoria e Pintura na Academia da SD Compostela
En marcha un novo curso da Academia da SD Compostela
  • Ángela Couso dirixe as clases da Academia da SD Compostela para nenos e nenas de 5 a 16 anos

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2023

Co inicio do curso escolar e o regreso da Canteira Picheleira, volven tamén as clases da Academia da SD Compostela. Con Ángela Couso á fronte da dirección académica, ofrécense clases de reforzo e de inglés para nenos e nenas desde os 5 ata os 16 anos.

Para comezar esta nova etapa na Academia, todos aqueles que se inscriban antes do 13 de outubro, terán un desconto do 50% na cota do primeiro mes.

Para inscribirse e recibir máis información, está dispoñible o correo electrónico academia@sdcompostela.com ou o teléfono 634638312.

 

Reforzo académico de todas as materias de luns a venres e clases tamén de inglés

A Academia da SD Compostela, situada na Rúa das Cancelas, ofrece reforzo de todas as materias de Primaria e Secundaria. As clases están destinadas para nenos e nenas de 5 a 16 anos, sexan ou non xogadores do club, e divídense en grupos reducidos, de 5 ou 6 alumnos, para favorecer a aprendizaxe e a concentración.

Neste sentido, as clases de apoio da Academia da SD Compostela permiten a todos os alumnos recibir axuda nunha ampla variedade de materias, desde ciencias e matemáticas ata inglés e francés. Así mesmo, faranse grupos específicos de inglés.

Un deses grupos será para alumnado de Bacharelato (ata os 18 anos). Para esta etapa educativa non estarán dispoñibles as clases de reforzo, pero si as de estudo de inglés.

Atendendo á súa función complementaria ás actividades dos pequenos e novos, as clases para os alumnos inscritos repartiranse, de luns a venres, desde as 16.00 ata as 21.00 horas. Nesta liña, téñense en conta os horarios de adestramentos para que poidan compaxinalos coas clases.

Os prezos da Academia varían en función das horas e os días escollidos, así como se se trata de reforzo de materias ou de clases específicas de inglés. Así mesmo, os xogadores da SD Compostela e do CD Conxo Santiago contan cun desconto nas cotas.

Por tanto, baixo a dirección de Ángela Couso, a Academia da SD Compostela garante unha atención personalizada para que os pequenos poidan aprender ao seu ritmo, un ambiente seguro e cómodo para os alumnos, así como o compromiso de apoiar aos nenos e nenas en todo aquilo que precisen.

 

Como novidade, este ano haberá Talleres de Memoria e Pintura para persoas maiores

Ademais de ofrecer as clases para os menores de idade, a Academia da SD Compostela inclúe este ano alternativas para persoas maiores. Neste sentido, pon en marcha Talleres de Memoria e Pintura, para maiores de 65 anos.

Estas clases desenvolveranse os martes e xoves, desde as 10.00 ata as 11.30 horas, con grupos de 10 persoas por clase. A inscrición neles está dispoñible ata o próximo 18 de outubro.

Igualmente, estes talleres están impartidos por Ángela Couso e o teléfono de contacto é o 634638312.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 UN ENCONTRO PARA SACAR ENTRE TODOS!!!🙌 ESTE DOMINGO, TODOS AO VERO BOQUETE!!!🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 10.12.23⏰ 12.00🏟️ Estadio Vero Boquete📦 𝐏𝐚𝐭𝐫𝐨𝐜𝐢𝐧𝐚 𝐎 𝐏𝐚𝐧 𝐝𝐞 𝐋𝐞𝐢𝐬 🎟️ Entradas Online 👉 app.cluber.es/clubes/64770af75c3ab340920086/pagos/6566fd34cb3f3943395285#composvetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚽️ Comeza unha nova semana con cinco adestramentos previstos! Centrados xa no seguinte reto na casa!!!⚒️ Este domingo, todos xuntos, sacaremos adiante o encontro!!!#composvetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🤝 Grazas afección Sempre nas boas, sempre nas malas 🩵🤍#pontevedracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔚Pontevedra CF3️⃣-0️⃣COMPOS 🩵🤍#pontevedracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐎𝐒 𝐍𝐎𝐒𝐎𝐒 🩵🤍#pontevedracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.