‘Quérote Compos’, a Campaña de Abonos para a Tempada 24/25 apela ao sentimento compostelanista e compostelán

17 de Xullo de 20242
Quérote Compos, a Campaña de Abonos da SD Compostela para a Tempada 2024/25
  • A campaña comeza o luns 15 e os abonos poderanse realizar tanto online como na Tenda ou na Oficina

  • 20% de desconto para as renovacións, cun 5% adicional para os membros das peñas

  • Co Carné Xove, o abono custa 15€, tanto para Tribuna como para Preferencia, grazas á Consellería de Política Social e a Plexus Tech

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2024

Xa está aquí a Campaña de Abonos da SD Compostela para a Tempada 2024/25. Quérote Compos é unha campaña que apela ao sentimento compostelanista, a esa paixón polas cores azul e branca e esa vinculación a Compostela dunha afección que arroupa ao equipo da cidade ano tras ano. Un agarimo que desde o club se quixo agradecer en forma de prezos espaciais para todos eles.

Na nova Campaña de Abonos, que estará habilitada a partir do luns 15 de xullo, a afección que renove o seu carné terá un 20% de desconto no prezo, o cal se incrementa ata o 25% para os e as integrantes das peñas do club. Deste xeito, os prezos das renovacións para adultos e maiores de 65 anos serán máis baixos que a pasada tempada.

Ademais, durante o curso, calquera abonado ou abonada poderá retirar entradas online para os partidos que o Compos xogue como local cun 20% de desconto no prezo.

Así mesmo, este ano, grazas de novo á colaboración coa Consellería de Política Social e Xuventude e ao apoio de Plexus Tech, os e as mozas menores de 30 anos que dispoñan do Carné Xove teñen un prezo especial.

Por tan só 15€ pódense abonar en calquera das dúas bancadas (amplíase así tamén a oferta á bancada de Tribuna), e non haberá necesidade de cumprir un mínimo de partidos. Deste xeito, refórzase ese compromiso de xerar e inculcar ese sentimento de pertenza ao club de Compostela entre a mocidade.

Ademais, como novidades para esta campaña, a Reserva de Asento é gratuíta e obrigatoria, facilitando así o acceso para a afección. Pola súa banda, o Carné Físico, que se entrega xunto coa camiseta de Quérote Compos, especial da Campaña de Abonos 24/25, ten un prezo de 10€.

Cabe citar tamén que desde a SD Compostela séguense impulsando os trámites online para os abonos. Así, tanto as altas novas como as renovacións poderanse realizar, a partir do luns 15 de xullo, a través da plataforma Compralaentrada, picando na ligazón que será publicada o vindeiro luns.

Nesta liña, co obxectivo de mellorar o servizo con cada afeccionado ou afeccionada, a SD Compostela asinou un acordo de colaboración con Compralaentrada, especializada na xestión de abonos e compra de entradas de equipos deportivos.

En todo caso, tamén a partir do luns 15, quen o prefira pode realizar os seus trámites na Oficina do Club (de luns a venres, de 9.00 a 15.00 horas) ou na Tenda Oficial da Rúa da Raíña.

 

Presentación de Quérote Compos nas Cancelas.

O acto de presentación da Campaña de Abonos Quérote Compos tivo lugar esta mañá no Centro Comercial As Cancelas, nun acto no que estivo presente Miguel Fernández, xerente da SD Compostela, Nicolás Blanco, xerente de As Cancelas, e Lara Meneses, directora xeral de Xuventude.

Miguel Fernández encargouse de presentar os principais aspectos dunha campaña que conta co apoio do propio Centro Comercial As Cancelas, da Consellería de Política Social e Xuventude, de Abanca e de Plexus Tech.

Estes patrocinios fan posible os prezos espaciais nos diferentes rangos de idade, destacando especialmente a gratuidade para os menores de 16 anos grazas ás Cancelas, así como os 15€ co Carné Xove.

Os rangos de prezos, iguais para ambas bancadas, son os seguintes (sen o desconto):

Menores de 16 anos: Gratis

Carné Xove: 15€ (70€ de 17-30 anos sen Carné Xove)

31-65 Anos: 150€

Maiores de 65: 130€

 

Outros aspectos da Campaña de Abonos.

O abono da SD Compostela para a Tempada 2024/25 inclúe os partidos de pretempada e todos os partidos de liga regular disputados no Estadio Vero Boquete de San Lázaro, reservándose o club o dereito a fixar un Día do Club.

Este ano, o abono físico será entregado no momento de realizalo e, no caso de tramitalo online, poderase recoller cando se desexe na Oficina ou na Tenda.

Ademais, con Quérote Compos, os abonados e abonadas da SD Compostela teñen acceso gratuíto a todos os partidos como local do Xuvenil A de División de Honra, gozan dun 10% de desconto nos produtos da Tenda Oficial e reciben invitacións con acceso preferente para as actividades que se levan a cabo ao longo da tempada.

Os prezos das entradas para os partidos de Liga, único para ambas bancadas, será de 15€ a Xeral, 10€ con Carné Xove e 5€ para menores de 3 a 16 anos. Como citamos, cada abonado ou abanada poderá retirar online entradas a maiores, para quen desexe, cun 20% de desconto sobre o prezo fixado.

Por último, destacar que a activación do Carné Xove é totalmente gratuíta e que se pode realizar tanto online (PLATAFORMA ALTA CARNÉ XOVE) como nas 36 sedes que hai dispoñibles por toda Galicia.

2 comments

  • Javier

    12 de Xullo de 2024 at 13:47

    Ola.
    Teño 40 anos e son pensionista por minusvalía.¿Teño algún desconto para facerme socio?
    Gracias

    Reply

    • SD Compostela

      18 de Xullo de 2024 at 07:42

      Boas Javier. Os prezos van por tramos de idade. De 31 a 65 anos e de 65 en adiante. O único desconto que se fai é para as renovacións ou para os membros das peñas do club.

      Reply

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

48 minutes ago

SD Compostela
🧑‍⚕️Os xogadores do Compos pasaron o protocolario recoñecemento médico, antes da pretempada, en HM Rosaleda🤝 Unha tempada máis, seguimos nas mellores mans con @hmhospitales#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
𝐏𝐑𝐄𝐓𝐄𝐌𝐏𝐀𝐃𝐀 𝟐𝟒.𝟐𝟓 💪 Primeiro día completado 🆕️ Primeiro día para as novas fichaxes nuns adestramentos estivais con gran presenza da Canteira Picheleira 👨‍🏫 Con Antón Permuy ao mando, iniciamos 7 semanas de preparación para a liga #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
𝐏𝐑𝐄𝐓𝐄𝐌𝐏𝐀𝐃𝐀 𝟐𝟒.𝟐𝟓 Estamos de volta! 💪⚽️ Primeiro día de adestramentos en marcha#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🙌 𝐅𝐈𝐂𝐇𝐀𝐗𝐄 🩵🤍💪 Iago Domínguez, novo porteiro da SD Compostela para a Tempada 24/25⚽️ O talentoso meta vigués de 22 anos chega desde o Club Deportivo Mirandes 𝐈𝐚𝐠𝐨 𝐃𝐨𝐦𝐢𝐧𝐠𝐮𝐞𝐳 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/2024/07/16/iago-dominguez-fichaje-compos-portero/#benvidoiago ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.