O Compos conquista o X Memorial Antonio Bermúdez

29 de Agosto de 2026
O Compos levantou o Memorial Antonio Bermúdez por cuarta vez.
Edu González celebra cos seus compañeiros o primeiro gol do partido no Vero Boquete.
Miguel Prado marcou contra o seu exequipo, cabeceando un saque de esquina. O Compos visita O Vao.
Edu González marcou un dobrete no partido, o segundo tras asistencia de Antón Guisande.
Parapar, cunha obra de arte, puxo o definitivo 4-2.
Parapar, como capitán, levantou o trofeo, entregado pola alcaldesa Goretti Sanmartín e o xornalista Toño Bermúdez, fillo do homenaxeado.
  • Os nosos superaron por 4-2 ao Ourense CF no Memorial Antonio Bermúdez, con goles de Edu González, dous, Miguel Prado e Parapar

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2026

A SD Compostela conquistou o X Memorial Antonio Bermúdez. Os nosos superaron por 4-2 ao Ourense CF nun gran partido de fútbol. Unha forma ideal de pechar a pretempada, antes de comezar a liga o vindeiro domingo 6 de setembro, tamén no Vero Boquete, contra o Marino de Luanco.

Na primeira parte, os nosos demostraron a súa superioridade desde o inicio, cun ritmo alto que provocaba chegadas continuas sobre área rival. Así, no primeiro minuto, Manu Rivas sacou un penalti e Edu González transformouno con calma.

O primeiro tanto branquiazul foi rapidamente contrarrestado polo Ourense, nun ataque rápido que culminou o excompostelanista Markitos, aínda que foi unha miraxe na tendencia do primeiro tempo.

E é que o Compos seguiu atacando e acabou atopando o premio, á media hora, nun saque de esquina. Botouno Manu Rivas e rematouno Miguel Prado, de cabeza, ao fondo da rede. E no 42, Edu González selou o seu dobrete remachando na área pequena un gran servizo de Antón Guisande. 3-1 e descanso.

Á volta dos vestiarios, o Compos saltou co mesmo ímpeto, aínda que o Ourense conseguiu xerar máis perigo e así chegaron dous penaltis. O primeiro, marcado por Domi, e o segundo, lanzado por Viti e parado, cunha gran estirada, por Edu Sousa. Foi o terceiro lanzamento fatídico que conseguiu deter nesta tempada estival.

Xa na recta final, con trocos en ambos conxuntos, Parapar pechou o partido cunha obra de arte. Colleuna no pico da área, recortou ao seu rival e púxoa na escuadra contraria para o 4-2 definitivo.

Deste xeito, o Compos fíxose por cuarta ocasión co Memorial Antonio Bermúdez, conseguindo ademais a terceira vitoria da pretempada, un período estival que deixou moi boas impresións para o colectivo de Carlos de Lerma. Agora, comeza o bo. O vindeiro domingo 6 de setembro, ás 12:00 horas, visita o Vero Boquete o Marino de Luanco na primeira xornada de liga.

FICHA TÉCNICA

4 – SD Compostela: Edu Sousa; Jordan (Antón Diéguez, min.48), Miguel Prado, Unai, Damián Noya, Manu Rivas; Ces Cotos (Uxío Abaña, min.82), Dani González; Antón Guisande (Buba, min.82), Edu González (Teofilovic, min.82) e Álex Gil (Parapar, min.67).

2- Ourense CF: Román Noya; Buide, Álex Lorenzo, Viti, Markitos, Domi, Achore, Rami, Robus e Punzano. Tamén xogaron: Gustavo, Penela, Amandi, Ihab, Peter, Simón, Aarón e Algisí.

Goles: 1-0: Edu González (p.), min.3; 1-1: Markitos, min.5; 2-1: Miguel Prado, min.30; 3-1: Edu González, min.42; 3-2: Domi (p.), min.66; 4-2: Parapar, min.85.

Árbitro: Pablo García (Pontevedra).

Incidencias: Estadio Vero Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Décima edición do Memorial Antonio Bermúdez. Tiago, bisneto do homenaxeado, fixo o saque de honra.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Desfrutade desta gran noite que quedou tras este gran +3⃣ na nosa casa 😍 #composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

6 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #composastorgaO técnico do Compos valorou o importante triunfo na casa e destacou as grandes sensacións mostradas e o fútbol de ataque do equipo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

8 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 4️⃣-1️⃣ @AtleticoAstorga⚽️⚽️ Dani González ⚽️ Buba | Unai PeónPARTIDAZO E OS TRES PUNTOS QUEDAN NA CASA 🩵🤍UNHA VITORIA MERECIDA E QUE DESFRUTAMOS XUNTOS 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO 👥🙌📸 Ignacio Castaño Gómez#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 3️⃣-0️⃣ Atletico Astorga ⚽️ Buba | Unai Peón | Dani GonzálezQUE GRAN PRIMEIRA METADE DOS NOSOS! 🔥📸 Nacho Castaño #composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

10 hours ago

SD Compostela
🔛 COMEZOU COMPOS 🆚️ Atletico Astorga 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.