Iago Domínguez regresa á SD Compostela

1 de Setembro de 2026
Iago Domínguez regresa á SD Compostela. O porteiro vigués firma no club tras destacar no Somozas.
  • Iago Domínguez volve ao Compos tras unha gran tempada defendendo a portería da UD Somozas

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2026

Iago Domínguez (Vigo, 22/11/2001) está de volta na SD Compostela. O porteiro vigués regresa á disciplina branquiazul despois dunha tempada defendendo a gran nivel a meta da UD Somozas. Un gardaredes moi completo, con experiencia e categoría, para completar a portería do Compos 26/27.

Aos seus 24 anos, Iago Domínguez firma co obxectivo de achegar o seu traballo, compromiso e rendemento baixo paus ao proxecto branquiazul. Unhas calidades, tanto de reflexos como na saída de balón, que xa puido amosar na súa anterior etapa, na que disputou seis encontros, cun papel protagonista na Copa Federación, na que o equipo chegou á final nacional, e na Copa do Rei.

Neste senso, coa súa incorporación, o plantel dirixido por Carlos de Lerma reforza unha posición fundamental para a nova campaña, á vez que recupera para o seu proxecto a un futbolista que xa sabe o que significa defender a camiseta branquiazul.

Iago Domínguez retorna ao club coa experiencia adquirida no Somozas, equipo no que disputou 33 encontros, 31 partindo de inicio, nos que encaixou 28 goles, sendo un dos porteiros menos goleados do Grupo 1 da Terceira Federación. Ademais, as doce porterías a cero alcanzadas demostran a súa notable regularidade ao longo do curso.

Estas dúas últimas campañas engádense a unha importante traxectoria no fútbol galego e nacional. Formado na canteira do Real Club Celta de Vigo, onde foi superando categorías ata chegar e debutar co filial na Segunda División B, pasou polas filas do CD Arenteiro e do CD Mirandés, antes da súa primeira etapa no Compos.

Agora, Iago Domínguez afronta este novo reto con ilusión e con gañas de volver atoparse cunha afección que xa coñece, disposto a traballar desde o primeiro día para axudar ao equipo para alcanzar os seus obxectivos.

Tras facer a pretempada co Gran Peña, da Terceira Federación, sumouse hoxe aos adestramentos e, se o corpo técnico así o decide, estará xa á disposición esta próxima fin de semana para o comezo da Liga.

Benvido de novo, Iago!

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.