Tachi: «O Compos é un sentimento, un valor que non teñen moitos clubs»

3 de agosto de 2012

Tachi, de 29 anos, foi titular do Vilalonga en Terceira nas tres anteriores campañas. O central, quen xa xogara no Compos en Segunda División B, formou parte do Pontevedra de Segunda División, Celta B, San Isidro de Tenerife, Guadalajara, Negreira e Santiago.
Este domingo non poderá disputar a Copa Deputación, pero móstrase con ganas de dar o mellor de si mesmo no Compos.

A que te dedicas fóra dos terreos de xogo?
Fai pouco que rematei os estudos o ano pasado traballei nunha empresa de ocio e tempo libre. Agora, no verán, volvo traballar alí.

En que invirtes o teu tempo de ocio?
Son moi “casero”, gústame pasar tempo na casa ca miña familia e ca miña moza. Tamén paso moito tempo vendo Baloncesto, encántame! Especialmente a NBA.

Cal é o teu rincón favorito de Galicia?
As praias do Barbanza.

Cal é o teu xénero de cine favorito?
Calquera agás o cine fantástico.

Cal é o tipo de música que máis che gusta?
Todo tipo de música , se teño que mencionar a alguén diría Lenny Kravitz , El canto del loco ou Maná.

Que destacarías como a túa maior virtude? E defecto?
Son moi responsable, e defecto… Son cabezón.

Onde quererías ir de viaxe?
New York, sen dúbida.

Algún soño por cumprir?
Moitos a nivel persoal e tamén a nivel deportivo.

Quen é o teu ídolo futbolístico?
Non teño ningún ídolo, no meu posto para min o mellor e Sergio Ramos, e outro xogador que sempre me encantou foi Fernando Redondo.

De que equipo eres afeccionado?
Real Madrid.

Cando e como comezaches no fútbol?
Comecei no CD Boiro con 8 anos.

Ata onde che gustaría chegar como futbolista?
A verdade é que me gustaría chegar co Compostela o máis arriba posible sendo importante no equipo.

Por que elexiches a SD Compostela nesta tempada?
Pola seriedade que transmite o club nos últimos tempos e porque pasei 6 anos fantasticos no Compos no pasado e sempre me sentín moi a gusto. Sei que para moita xente o Compos é un sentimento e ademais por afección , infraestruturas e historia é un dos grandes de Galicia.

Que cualidades podes aportar ó conxunto?
Traballo e ilusión  sobre todo, e tamén experiencia e compromiso.

Que cres que diferencia ó Compostela do resto de equipos?
Como dixen antes, para moita xente o Compos é un sentimento, e iso é un valor que non teñen moitos clubs , cando pasas tempo aquí decátaste rápido . Cando estiven na canteira do Compos foi o que máis me chamou a atención.

Que che parece o equipo configurado para esta tempada en Terceira División?
Temos un moi bo equipo pero hai que ser humildes e ser realistas: estamos en Terceira e somos un equipo máis que se vai ter que gañar as cousas no campo. Non vai ser sinxelo, o exemplo está noutros grandes como o Ourense que tardou catro anos en subir, ou o Rácing de Ferrol que leva tres, ou o Pontevedra…

Youtube

Instagram Compos

Facebook

Este mensaje solo es visible para los administradores.
Problema al mostrar las entradas de Facebook. Copia de seguridad de la caché en uso.
Haz clic para mostrar el error
Error: Please reduce the amount of data you're asking for, then retry your request Tipo:

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.