A SD Compostela e Sarela realizan un proxecto de preparación deportiva para un grupo de persoas con dano cerebral adquirido

10 de octubre de 2013

A S.D. Compostela e a Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela puxeron en marcha un proxecto de colaboración para a formación deportiva dun grupo de mozos e mozas con dano cerebral adquirido. Nesta semana celebrouse a presentación do grupo co adestrador de cadete local, Iván Castelo.

O obxectivo principal deste programa é fomentar a participación social dun grupo de mozos e mozas con dano cerebral adquirido, con idades comprendidas entre os 28 e os 35 anos. Grazas aos adestramentos poderán adquirir formación deportiva, traballar os valores de equipo e reducir ao illamento que provoca a discapacidade.

Os adestradores da S.D. Compostela traballarán a preparación deportiva e as habilidades do grupo na práctica do fútbol sala. Os adestramentos van ter unha periodicidade semanal e realizaranse nas instalacións municipais do Pavillón do Restollal.

O dano cerebral é unha discapacidade adquirida ao longo da vida, e pouco habitual en persoas novas. A súa irrupción provoca un distanciamento do contorno social da persoa. É por iso que Sarela ten como prioridade o desenvolvemento de actividades que, como esta, se realicen no contorno comunitario. Traballar os valores deportivos e de equipo é tamén moi importante para a normalización social deste grupo de mozos e mozas.

A Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela é unha entidade sen ánimo de lucro formada por persoas con dano cerebral adquirido, familiares e socios colaboradores. Constituíuse no ano 2000 e ten como obxectivo mellorar a calidade de vida e defender os dereitos das persoas con dano cerebral adquirido da área sanitaria de Compostela. Esta epidemia silenciosa afecta a 35.000 persoas en toda Galicia.A S.D. Compostela e a Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela puxeron en marcha un proxecto de colaboración para a formación deportiva dun grupo de mozos e mozas con dano cerebral adquirido. Nesta semana celebrouse a presentación do grupo co adestrador de cadete local, Iván Castelo.

O obxectivo principal deste programa é fomentar a participación social dun grupo de mozos e mozas con dano cerebral adquirido, con idades comprendidas entre os 28 e os 35 anos. Grazas aos adestramentos poderán adquirir formación deportiva, traballar os valores de equipo e reducir ao illamento que provoca a discapacidade.

Os adestradores da S.D. Compostela traballarán a preparación deportiva e as habilidades do grupo na práctica do fútbol sala. Os adestramentos van ter unha periodicidade semanal e realizaranse nas instalacións municipais do Pavillón do Restollal.

O dano cerebral é unha discapacidade adquirida ao longo da vida, e pouco habitual en persoas novas. A súa irrupción provoca un distanciamento do contorno social da persoa. É por iso que Sarela ten como prioridade o desenvolvemento de actividades que, como esta, se realicen no contorno comunitario. Traballar os valores deportivos e de equipo é tamén moi importante para a normalización social deste grupo de mozos e mozas.

A Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela é unha entidade sen ánimo de lucro formada por persoas con dano cerebral adquirido, familiares e socios colaboradores. Constituíuse no ano 2000 e ten como obxectivo mellorar a calidade de vida e defender os dereitos das persoas con dano cerebral adquirido da área sanitaria de Compostela. Esta epidemia silenciosa afecta a 35.000 persoas en toda Galicia.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! A desfrutar tras este novo +3️⃣ 😍 #llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #llaneracomposValoración do técnico compostelanista trala terceira vitoria seguidaO adestrador do Compos puxo en valor o triunfo e a forma de conseguilo, e xa pon o foco no seguinte obxectivo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALUD Llanera 1️⃣-3️⃣ COMPOS⚽️ Dani González | Buba (p.) | Antón GuisandePARTIDAZO E OUTROS TRES PUNTOS PARA OS NOSOS 🩵🤍TERCEIRO TRIUNFO SEGUIDO PARA SEGUIR CO GRAN MOMENTO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POR ACOMPAÑARNOS 👥🙌📸 Ignacio Castaño Gómez#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

10 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOUD Llanera 0️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Dani González | Buba (p.)Gran primeira parte dos nosos, dominando o encontro, para marchar ao tempo de lecer en vantaxe#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
🔛 COMEZOU UD Llanera 🆚️ COMPOS💪🩵🤍#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.