A SD Compostela e a rede de escolas infantís Cativos asinan un convenio de colaboración

6 de noviembre de 2013

  • Os socios do Compos que matriculen aos seus fill@s nas escolas infantís de Cativos, nos centros de Conxo e Restollal, terán un 50% de desconto na matrícula

A Sociedade Deportiva Compostela e a rede de escolas infantís Cativos asinaron un convenio de colaboración a través do cal pretenden fomentar a práctica de deporte entre os máis pequenos, promovendo, entre outras cousas, a realización de exercicio físico en familia.

Ambas entidades buscan potenciar o respecto polos demais e polas normas de xogo. Deste xeito, achegarase ós mais pequenos ó exercicio e a unha forma de vida saudable, coñecendo os hábitos que seguen os deportistas de elite, como o son os xogadores da SD Compostela. Outro punto de vital importancia neste convenio será motivar ás familias da comarca de Compostela á realización de prácticas deportivas en familia e ó goce de espectáculos deportivos dos que participen tódolos membros da unidade familiar.

O deporte é un dos piares do proxecto educativo de Cativos que, dende hai anos, desenvolve obradoiros de psicomotricidade, potencia o traballo en grupo e aposta tamén por outro tipo de exercicios para os máis pequenos, mediante actividades como a natación, o ballet, etc.

Cativos amosa así o seu apoio a un dos clubes máis emblemáticos da cidade e anima ós santiagueses e usuarios de Cativos a seguir á SD Compostela nesta nova andadura na Segunda División B, categoría que veñen de alcanzar na tempada anterior.

Pola súa banda, a SD Compostela xestionará unha visita guiada polas súas instalacións para o colectivo Cativos; ademais da posibilidade de que poidan asistir a un adestramento do primeiro equipo e coñecer ós xogadores que integran o plantel.

Os socios compostelanistas beneficiaranse dun 50% de desconto se matriculan aos seus fillos nas escolas infantís de Cativos, nos centros de Conxo e Restollal (condición supeditada á existencia de prazas dispoñible).

A sinatura deste convenio realízase baixo o marco das actividades do XX aniversario de Cativos que se celebra este ano.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏🗣️ Secho🆚 Club Deportivo Lugo B ⚽️ Previa do noso adestrador sobre o partido dos nosos en Lugo, este domingo ás 16:30 horas#LugoBCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
Moito ánimo, Marco Baña 🩵🤍 O noso xogador foi operado con éxito do xeonllo dereito tras sufrir unha lesión ligamentosa O noso canteirán comeza o proceso de recuperación, acompañado polos nosos servizos médicos e recuperadores Volverás máis forte ca nunca! 💪 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Nova saída para os nosos na liga⚽️ 𝐗𝟐𝟒🆚 Club Deportivo Lugo B🗓️ Domingo, 8 de marzo🕟 16:30 horas🏟️ A ChedaEste domingo, buscaremos recuperar a senda do triunfo en Lugo! 🙌#LugoBCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ O equipo regresa esta tarde aos adestramentos🏟️ Comeza a preparación para a visita ao filial do Lugo#LugoBCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.