Encontro solidario en favor das persoas con dano cerebral

14 de junio de 2014

O pasado sábado 10 de xuño celebrouse no Campo Municipal do Milladoiro o partido solidario que enfrontou ao Biduído S.R. coa S.D. Compostela co obxectivo de recadar fondos para a Asociación de Dano Cerebral de Compostela, Sarela.

Na previa do encontro, o Biduído entregou unha placa á S.D. Compostela en sinal de agradecemento pola acción solidaria. Recibiuna, en representación do club, o seu presidente, Antonio Quinteiro

O partido comezou co saque de honra de José Antonio, usuario do proxecto Construíndo Futuro de Sarela, que pasou a integrarse no equipo local para participar no encontro. A S.D. Compostela tamén contou co apoio dunha persoa con dano cerebral adquirido; Ismael, usuario do mesmo programa, que foi o encargado de xogar co equipo visitante.

O marcador rematou en 1-2 a favor do Compos. Ao finalizar o encontro, o presidente de Sarela, José Balboa, entregou un diploma de colaboración da Asociación de Dano Cerebral de Compostela a Miguel Regueiro, presidente do club Biduído.

A recadación da rifa, a entrada do encontro e das vendas da taza e a camiseta solidaria editada polo Biduido, entregaránse á asociación Sarela.

A SD Compostela quere agradecer a invitación e a confianza de Sarela e do Biduido para participar neste partido solidario. Para o club é un pracer poder axudar en actos desta natureza.

 

Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏🗣️ Secho🆚 Club Deportivo Lugo B ⚽️ Previa do noso adestrador sobre o partido dos nosos en Lugo, este domingo ás 16:30 horas#LugoBCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
Moito ánimo, Marco Baña 🩵🤍 O noso xogador foi operado con éxito do xeonllo dereito tras sufrir unha lesión ligamentosa O noso canteirán comeza o proceso de recuperación, acompañado polos nosos servizos médicos e recuperadores Volverás máis forte ca nunca! 💪 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Nova saída para os nosos na liga⚽️ 𝐗𝟐𝟒🆚 Club Deportivo Lugo B🗓️ Domingo, 8 de marzo🕟 16:30 horas🏟️ A ChedaEste domingo, buscaremos recuperar a senda do triunfo en Lugo! 🙌#LugoBCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ O equipo regresa esta tarde aos adestramentos🏟️ Comeza a preparación para a visita ao filial do Lugo#LugoBCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.