Darío: “Queremos que el partido contra el Burgos sea nuestro y manejar al rival con el balón”

6 de septiembre de 2022
Carlos Brea, Jorge Míguez, Darío e Ramón Castro na Bodeguilla de San Lázaro 2
  • O dianteiro, que se estreou en liga na primeira xornada, foi presentado esta mañá na Bodeguilla de San Lázaro
  • O establecemento patrocina este ano ao punta santiagués e o encontro ante o Burgos deste domingo

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2022

Na súa estrea na Segunda RFEF co Compos, Darío seguiu demostrando o seu enorme potencial e capacidade goleadora. Tras unha pretempada na que foi o pichichi con cinco tantos, o dianteiro volveu marcar na primeira xornada de liga. O punta santiagués, que chegou cedido este verán polo Celta, móstrase contento polo seu rendemento ata o momento, aínda que lamenta o resultado de Oviedo. Por iso, espera, este domingo si, lograr a primeira vitoria.

O encontro contra o Burgos Promesas no Vero Boquete estará patrocinado pola Bodeguilla de San Lázaro, establecemento que esta campaña porta a súa imaxe no espigado dianteiro compostelanista. No restaurante, Darío repasou a pretempada e inicio ligueiro e explicou o que agarda da tempada, nun acto que serviu como presentación da súa fichaxe.

Chegada ao club. En xeral, foi moi ben a pretempada nun equipo novo. Estou contento cos compañeiros, o ritmo do equipo e tratando de crecer, que é para o que estou aquí esta tempada.

Estrea en Oviedo. Foi unha estrea con boas e malas sensacións. Boas, a nivel persoal polo gol, pero sobre todo a nivel colectivo, porque fomos quen de enlazar boas xogadas. Con todo, aínda temos que mellorar certos aspectos que nos custan e fannos ser menos competitivos. En todo caso, temos ganas de traballar para mellorar.

Plantel renovado. É un equipo no que hai moitas incorporacións, que foron chegando ao longo da pretempada, e tamén arrincamos con algunhas baixas. É tarefa do míster xuntar todas as pezas e non é algo sinxelo. É un proceso e melloraremos semana a semana. Temos plena confianza no grupo e no adestrador, e toca loitar cada semana para lograr os tres puntos.

Traballo sen balón. Eu mesmo son o primeiro que me quero esixir máis nese aspecto, porque esta é unha categoría que cho pide. Aínda que xogues moi ben con balón, se non es forte nas disputas, na presión ou nos repregamentos, penalízalo. Por iso, temos que darlle unha volta a iso, sacrificarnos todos para poder conseguir os obxectivos.

Capacidade goleadora do Compos. No equipo necesitamos que todos acheguen gol. Temos xente moi capacitada, tanto na dianteira como en segunda liña, como se puido comprobar contra o Arenteiro, coa chegada desde atrás de Fer Beltrán. En balón parado tamén temos xente con moito potencial, polo que teremos opcións de marcar goles todos. Temos unha chea de recursos en ataque e con iso poderemos sumar.

Visita do Burgos Promesas. Enfocaremos o partido para xogar ao noso, xa sexa un filial ou un equipo máis veterano. Somos un equipo cun nome e unha historia, polo que queremos que o partido sexa noso, ter a posesión do balón e facer dano ao rival. Fixámonos no rival, pero consideramos que é máis importante o noso traballo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

6 hours ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

10 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.