“O Camiño do Norte”, a nova campaña de abonos para o regreso á Segunda Federación

9 de julio de 2026
"O Camiño do Norte" é a nova campaña de abonos da SD Compostela para a Tempada 26/27.
Prazos da Campaña de Abonos da SD Compostela para a Tempada 26/27.
  • En marcha o primeiro prazo de «O Camiño do Norte», exclusivo para renovacións, ata o próximo 27 de xullo.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2026.

“O Camiño do Norte”: xa está aquí a agardada nova campaña de abonos da SD Compostela para a Tempada 26/27, a do regreso á Segunda Federación. Desde xa, comeza o prazo para as renovacións de abonos para a liga que empezará o próximo 7 de setembro. Unha vez máis, toda a emoción estará na bancada de Tribuna.

Como en anteriores ocasións, os abonos pódense realizar en liña, na Oficina ou na Tenda Oficial do club:

Enlace Renovación Online: https://sdcompostela.compralaentrada.com/.

Para esta tempada, e ao igual que o pasado ano, póñense en marcha varios tramos:

Ata o 27 de xullo (incluído):

  • Renovacións para a mesma bancada e mesmo asento.

28 e 29 de xullo:

  • Cambio de asento*.

* Para o cambio de asento non é necesario esperar para renovar o abono. Pódese realizar a renovación no primeiro prazo e despois, neses dous días, solicitar o cambio de localidade. Habilitaranse todas aquelas que quedasen libres.

A partir do 28 de xullo, non se garante que se manteña o mesmo asento, xa que a localidade da pasada tempada quedará liberada a partir desta data.

 

A partir do 30 de xullo:

  • Novas altas e renovacións.

 

Categorías e prezos.

Os prezos dos abonos, segundo a categoría, son os seguintes:

Categorías Renovación Alta nova
De 3 a 17 anos 15€ 20€
De 18 a 30 anos 60€ (40€ con Carné Xove) 70€ (50€ con Carné Xove)
De 31 a 65 anos 130€ 160€
Máis de 65 anos 120€ (100€ con Carné +65) 140€ (120€ con Carné +65)

 

Para o regreso á Segunda Federación, da man da Dirección Xeral de Xuventude, recuperamos tamén o desconto co Carné Xove. Ademais, este ano tamén se inclúe o desconto para as persoas que posúan o Carné +65 da Xunta de Galicia. En ambos casos, por telo, o desconto é de 20€ sobre o prezo orixinal.

Ademais, ábrese de novo a Bancada de Animación, que terá un 10% de desconto respecto ao prezo de cada categoría.

O abono inclúe:

  • Todos os partidos que o Compos dispute no Vero Boquete da liga Regular e a Copa Federación.
  • Os amigables de pretempada que o equipo dispute como local, incluído o duelo contra o Deportivo da Coruña deste próximo sábado 18 de xullo.
  • O carné físico (informarase da forma de entrega nos próximos días).
  • A reserva de asento (excepto Bancada de Animación).
  • Os partidos do Xuvenil A de División de Honra.
  • Un 10% de desconto na “ComposTenda”.

 

Promocións exclusivas con Toxo Telecom e Mobify.

Entre as vantaxes de realizar o abono da SD Compostela na Tempada 26/27 inclúense dúas grandes promocións con patrocinadores do club.

Toxo Telecom.

Con Toxo Telecom poderás recuperar o importe do teu abono se contratas a súa tarifa de “Fibra e Móbil”. Neste senso, se te dás de alta como novo cliente na compañía galega devolveránseche as cotas ata o importe total do abono da SD Compostela e desfrutarás dun 10% de desconto adicional ata final de tempada.

Pola súa banda, se xa es cliente, terás o 10% de desconto nas túas cotas ata final da tempada.

Para beneficiarte desta promoción, deberás realizar a túa contratación na tenda física de Toxo de Santiago de Compostela, situada na rúa Xeneral Pardiñas, 21.

Mobify.

Con Mobify, empresa que lidera a mobilidade sostible da SD Compostela, por ser abonado da SD Compostela e se te das de alta na súa aplicación, terás un agasallo de benvida de 10€. Este crédito estará dispoñible no moedeiro da app, para que se poida empregar na primeira viaxe. Para iso, deberase seguir o seguinte procedemento.

Paso 1: Realizar o abono e darte de alta na aplicación.

Paso 2: Enviar un mail a info@mobify.es co asunto exacto “Campaña Abonados Compos”, achegando foto do carné de abonado, foto do DNI e correo electrónico co que te deches de alta na app.

Paso 3: Unha vez recibida e comprobada a información, ingresaranse os 10€ no teu moedeiro, nun prazo máximo de 5 días.

 

Puntos de renovación e horarios.

Web oficial:

Páxina de abonados da SD Compostela: https://sdcompostela.com/gl/abonados-2/abonos-sd-compostela-26-27-gal/.

Oficinas do Club (Estadio Verónica Boquete):

Luns a venres: De 10.00 a 14.00 horas.

A oficina permanecerá pechada do 8 ao 15 de agosto e os venres do mes de agosto.

Compostenda (Rúa da Raíña, 8):

Luns a sábado: De 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.30 horas.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMOS PARTIDOS CONFIRMADOS⚽️ Xornada 3🆚 Sestao River Club 🗓️ Domingo, 20/09🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🤝 Patrocinado por 𝐃𝐮𝐫𝐦𝐞𝐭⚽️ Xornada 4🆚 SD Eibar B🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ CD Areitio 1#compossestao #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ E o domingo, segunda xornada de liga e primeira viaxe da tempada🆚 Club Portugalete Fundado 1909 🗓️ Domingo, 13/09🕦 11:30 horas🏟️ La Florida📺 Football Club #portucompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
🔜🏆 Este mércores temos cita na nosa casa cos 1/16 da #CopaFederación🆚 CD DERIO 🗓️ Mércores, 09/09🕖 19:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Abonados - Gratis | Xeral - 10€ | Menores de Idade - 2€👉 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/#composderio ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🤝🩵🤍 PARTIDO PATROCINADO🚗 🎟️ Mobify foi o patrocinador do #composmarino🙌 RECORDA! A compañía que lidera a mobilidade sostible en Galicia agasalla con 10€ de saldo aos abonados do Compos!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Volta ao traballo no San Lázaro IIToca repoñerse da derrota de onte, cunha semana na que teremos dobre cita: o mércores, na casa, coa #CopaFederación e o domingo, no País Vasco, coa Liga#composderio #portucompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.