Bautista: «Gustaríame deixar ao Compostela o máis arriba posible»

17 de abril de 2012

Juan Bautista (08/09/1977. Vila de Cruces) é un dos xogadores veteranos da Esedé. Conta cunha extensa carreira futbolística, formando parte dun gran número de equipos de todo o territorio español. Esta é a súa primeira tempada coa camiseta branquiazul e está demostrando as súas dotes defensivas e, tamén, goleadoras.

A que te dedicas fóra dos terreos de xogo?
Gústame esquecerme completamente do fútbol. Nestes momentos estou somerxido na busca de traballo.

En que invistes o teu tempo de ocio?
No inverno, sobre todo escribir, ler, música, internet, ver unha película  (modo sofá e mantiña) ximnasio, amigos, aprender, un café, etc. No verán, aproveito para ir á praia, irme de tapas e viaxar (sempre que se poida).

Cal é o teu recuncho favorito de Santiago e Galicia?
De Santiago, quédome coa Praza da Quintana. Sentarse nas escaleiras e pasar unha boa tarde primaveral cun xeado, pensando e vendo pasar á xente. De Galicia, coas Rías Baixas que tan bos recordos me traen da infancia e que, agora, xa de adulto, sigo gozando desa preciosa zona.

Que xénero de cine prefires?
Histórico, baseado en feitos reais.

Cal é o tipo de música que máis che gusta?
Que nunca me falte a música! Sempre dispoño de toda clase de estilos musicais para poder escoller en cada momento o máis axeitado.

Maior virtude? Defecto?
En canto a virtudes, eu diría que ser boa persoa e tentar sempre aprender de todo o mundo. E defectos, teño demasiados. Son demasiado analista, pouco caradura, distante, borde, algo antisocial, raro, e un longo etc.

A onde che gustaría viaxar?
Australia, Amazonas, Kenia, etc.

Algún sono por cumprir?
Sempre quixen xogar en Primeira División pero creo que ese soño vai quedar para sempre na lista dos “debe”.

Quen é o teu ídolo futbolístico?
Emilio Butragueño e Arconada

De que equipo es afeccionado?
Real Madrid

Cando e como comezaches no fútbol?
Pois empecei neste mundo no mesmo intre que me puiden poñer de pé por min mesmo. Sempre estaba cun balón entre os pes e era algo que me encantaba. Con oito anos inscribinme na Escola de Fútbol Deza, de Lalín, e ata o día de hoxe.

Ata onde che gustaría chegar como futbolista?
A día de hoxe gustaríame deixar ao Compostela o máis arriba posible, sendo unha das pezas importantes dentro do grupo.

Con que compañeiro te levas mellor dentro do vestiario?
Lévome moi ben con todo o mundo pero teño máis trato con Louro ou Castiñeiras. Tamén tento aprender de Jorge e Julián. A Garabal tento facerlle o menos caso posible porque me leva polo mal camiño (risas).

Tes algún alcume dentro do equipo?
Adoitan chamarme Bau.

Que balance farías da túa estancia na S.D. Compostela?
Ata o de agora estou encantado de xogar nun club tan grande  e de vivir en Santiago, que sempre foi unha cidade que me encantou. Espero seguir ligado a este equipo e a esta cidade o maior tempo posible.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

10 hours ago

SD Compostela
📹⚽️ O primeiro gol da pretempada 26/27🅰️ Unai Peón🎯 Dani González#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🏆🩵🤍 O COMPOS CONQUISTA DE NOVO O TROFEO VILA DE PADRÓNCOMPOS 1️⃣-0️⃣ CD Lalín ⚽️ Dani González👏 Primeiro triunfo do verán, co primeiro gol e portería a cero🆕️ Estreáronse algunhas das fichaxes e houbo minutos para a Canteira Picheleira 📸 Nacho Castaño #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 1️⃣-0️⃣ CD Lalín ⚽️ Dani González👉 Chegamos ao tempo de lecer coa vantaxe para os nosos, logo do primeiro gol da pretempada!#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
📋⚽️ Carlos de Lerma1️⃣ Edu Sousa3️⃣ Miguel Prado4️⃣ Unai Peón6️⃣ Damián Noya🔟 Parapar1️⃣4️⃣ Jordan1️⃣6️⃣ Rafa de Vicente1️⃣8️⃣ Dani González1️⃣9️⃣ Buba2️⃣2️⃣ Uzal ©️2️⃣4️⃣ Turbi📸 Nacho Castaño #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
Hoxe, xogamos! 🩵🤍🆚 CDLalín 🕢 19:30 horas🏟️ Novo Campo do Doce🎟️ 5€🏆 VII Trofeo Vila de Padrón#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.