Dúas novas fichaxes e a SD xa conta con trece xogadores

6 de Xullo de 2016

Abelleira

Santiago de Compostela, a 6 de Xullo de 2016.

A SD Compostela pechou esta mañá a contratación doutras dúas novas incorporacións. Trátanse de Tomás Abilleira, procedente do Pontevedra, e David Rey, que chega do Ordes, dous futbolistas que asinan por un ano co cadro da capital galega.

Tomás Abelleira (02/03/95), fillo do mítico adestrador galego “Milo” Abelleira, é un mediapunta vigués, que ten a capacidade para adaptarse a outras posicións na parcela de ataque.

Xogador de 21 anos, Tomás estivo nas categorías inferiores do Celta e do Pontevedra. Desde ben novo xa apuntaba maneiras, sendo convocado coa Selección Española sub16 cando xogaba no xuvenil B do equipo celeste.

Xa nos granotas, Tomás alternou o equipo filial, co Xuvenil de División de Honra e o primeiro equipo, debutando en terceira división na segunda xornada da tempada 2012/13. Nesa categoría manteríase os dous seguintes cursos, xogando un total 22 partidos co Pontevedra e logrando o ascenso a segunda división B na segunda campaña. Un ascenso que lle permitiría debutar o curso pasado na terceira categoría do fútbol español. Nela disputou oito partidos, cun total de 208 minutos xogados.

Pola súa banda, David Rey (13/08/1984) é un central de 31 anos cunha ampla traxectoria en Segunda División B e terceira. Precisamente, o seu debut na categoría de bronce produciuse coa SD Compostela. Un 12 de outubro de 2003, o rapaz David Rey, de 19 anos, debutaba co primeiro equipo para xogar contra o Alcorcón, un encontro que os santiagueses perderon 2-0, pero que David sempre lembrará.  A parte deste partido, xogaría outros sete encontros máis, na que foi a tempada previa á desaparición do equipo.

Foron os inicios dun xogador cuxa carreira profesional estivo posteriormente ligada ao Cerro dos Reyes, Cerceda e finalmente o Ordes, o equipo da súa comarca, e do que chega ao Compos.

Con eles disputou en tres cursos un total de 99 partidos, anotando catro goles. Estandarte da defensa ordense, nas dúas últimas campañas disputou 34 partidos en ambas, todas de titular, axudando a que o equipo se mantivese na categoría.

Con estas dúas novas incorporacións son xa trece os xogadores cos que conta Yago Iglesias para o curso vindeiro.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 hour ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso segundo adestrador!Moitos parabéns, Donnici!!A celebralo esta tarde cunha vitoria no derbi da Lomba 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Arosa SC 👉 Os nosos citados para esta tarde na Lomba#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 hours ago

SD Compostela
DÍA DE COMPOS! 🩵🤍🆚 Arosa SC 🏟️ A Lomba🕔 17:00 horas🎟️ Tribuna - 20€ | Preferencia - 15€ | Menores de 16 anos - 5€📺 En Xogo 🙌 A polo derbi, xuntos! Queremos unha nova vitoria na Liga!📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
🎯 #arousacompos🫂 Todos xuntos, a polo triunfo mañá no derbi! 🩵🤍 Queremos a terceira vitoria seguida como visitantesCon todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.