David Nogueira pecha o plantel

5 de Agosto de 2016

DSC_0240

  • O dianteiro que estaba a proba consegue a última ficha dispoñible.

Santiago de Compostela, a 5 de Agosto de 2016.

A SD Compostela xa conta cos 22 xogadores que conformarán o plantel do equipo para a nova tempada. Este cadro pechouse esta mañá coa confirmación de que David Nogueira, xogador que estaba a proba desde o principio da pretemporada, seguirá baixo as ordes de Yago Iglesias ata o final do curso.

David Nogueira (12/11/1990) é un dianteiro de 25 anos, con pasado na SD Compostela, para a que xogou na campaña 2012-13, aínda que o seu protagonismo foi máis ben escaso, xa que só xogou nove encontros.

O ariete santiagués regresa ao Compos despois dun bo ano co Estudantil, de Preferente Norte. Con eles, David disputou 27 partidos, 22 deles de titular, anotando seis goles. Anteriormente, ademais do Compos, tamén xogou co Pontevedra e o Grixoa, en Terceira División.

Así, desta forma, Yago Iglesias xa conta cos 22 xogadores que desexaba e que loitarán por demostrar en Terceira División o valor dun plantel novo, pero con moitas ganas de lograr grandes cotas.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

10 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOArosa SC 1️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ RoqueChegamos ao tempo de lecer con igualada tralo gol nos últimos minutos#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

10 hours ago

SD Compostela
🔛 COMEZOUArosa SC 🆚️ COMPOS💪🩵🤍#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.