Partidazo nas Eiroas contra o colíder

22 de Febreiro de 2019

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/nslmvwLA2Ek” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • O Compos enfrontarase ao Bergantiños para reducir os seis puntos que os separan

Santiago de Compostela, a 22 de Febreiro de 2019.

A SD Compostela viaxará este domingo ás 17.00 horas ao Campo das Eiroas para medirse ao Bergantiños, colíder da liga, coa intención de recortar a diferenza de seis puntos que os separan na clasificación. O inicio do denominado ‘Tourmalet’ arrinca co clásico da Terceira División en Carballo.

“Son tres puntos que non son definitivos, porque quedan moitos partidos e puntos por diante, pero pola súa regularidade, é certo que eles van expolo como unha auténtica final”, explicou Yago Iglesias na rolda de prensa.

En xogo, indicou o técnico, unha vitoria que buscan ambos con diferentes obxectivos. “Eles quererán deixar ao seu inmediato perseguidor cunha marxe de puntuación moi alto e nós ao revés, tentar recortar e darlle máis vida á clasificación”, analizou.

Que a balanza termine caendo ao lado santiagués non será unha tarefa nada sinxela, pero o equipo coñece á perfección os puntos fortes do seu rival. “Son un equipo veterano, con moita calidade, con xogadores máis que contrastados na categoría, e facelo futbolisticamente mellor que eles non che asegura lograr os tres puntos, como xa se viu na primeira volta, e, sobre todo, é un conxunto que chega moi vivo á recta final do partido e aí é onde os está resolvendo”, detallou.

Por tanto, a clave do encontro, segundo o técnico, pasará por “estar mellor plantados no campo que eles e ser moi fiables na tarefa defensiva, dando un paso adiante a nivel anímico, mental e de madurez, para ir xogando os diferentes duelos que se darán ao longo dos 95 minutos”.

Despois, ademais dese punto de intensidade, competitividade, experiencia e intelixencia, “debemos explotar as nosas virtudes, sendo un conxunto que fai todo por e para facerlle dano ao rival coa posesión, para sacarlle rédito en momentos puntuais”.

Coa motivación e a confianza polo camiño percorrido e os pasos dados ao longo do ano, sumado ao resquemor co que quedaron os nosos tralo empate pasado, o Compos irá coa mentalidade de vivir e competir nun partido longo, ao que chegan todos os dispoñibles ao 100%, coas únicas baixas de Alberto e Lorenzo.

Todo está preparado para o clásico do domingo nas Eiroas, un partidazo entre o colíder e o terceiro clasificado, no que os nosos, co apoio dos afeccionados que se despracen desde Santiago, esperan volver cos tres puntos e máis preto do seu rival.

REY_8384

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

7 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo temos derbi na nosa casa para intentar continuar co momento doce 💪🩵🤍🤝💡 Partido patrocinado por Ojoalvatio 🆚Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na nosa web#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.