Baleato: “Agardo cumprir os obxectivos do club e aportar a miña experiencia”

3 de Xullo de 2019
Presentación Baleato Twitter
Javier Puñal, Baleato e Segundo Rey.
  • O novo xogador branquiazul analizou a súa fichaxe nas instalacións de Segundo Rey

Santiago de Compostela, a 3 de xullo de 2019.

Logo de ser anunciado como novo xogador da SD Compostela a semana pasada, Roberto Baleato foi presentado esta tarde ante os medios de comunicación na sede de Segundo Rey, empresa que renova tamén a súa vinculación co club. Acompañado por Javier Puñal, director de marketing, e Segundo Rey, xerente da empresa, o futbolista de Bembibre valorou a súa fichaxe, no que será o seu regreso á disciplina branquiazul, xa que de pequeno xogou no Compos en categoría alevín e infantil.

“Teño moita ilusión por empezar esta nova etapa e unha motivación enorme, razóns que me levaron a decidirme por Santiago”, asegurou o futbolista.

Baleato tiña gañas de afrontar unha nova etapa na súa carreira e iso levouno a aceptar a proposta compostelanista. “En Carballo tratáronme súper ben e estou moi agradecido, xa que todo o mundo me fixo sentir desde o primeiro día que estaba como na casa. Con todo, notaba que non me quería acomodar, que teño unha idade para aprender moitas cousas e por iso me facía ilusión afrontar un novo reto”, sinalou.

Desde o principio, o seu soño pasa por devolver ao Compos á Segunda B. “Agardo cumprir, en primeiro lugar, co obxectivo do club, que segundo o que me transmiten pasa por gañar a liga e ascender e para iso estarei á disposición de todo o que me pida o adestrador”, afirmou.

Precisamente, no que respecta a Yago Iglesias, xogador e técnico xa tiveron unha conversa na que sentaron as bases do que agardan da tempada. “Contoume o que tiña en mente, escoiteino e encaixamos bastante ben, tanto a nivel persoal como da maneira de entender o xogo, polo que intentarei cumprir as expectativas que ten sobre min”, comentou.

Neste sentido, Baleato agarda aportar a súa experiencia e os seus puntos fortes que pasan, segundo destacou, polo xogo aéreo, a fortaleza e a capacidade táctica. “Tentarei axudar a nivel físico e de colocación e a partir de aí mellorar noutras facetas, adaptándome a maneira de xogar do equipo”, explicou.

Por outra banda, en base as vivencias do seu pasado, agardar aportarlle esa tranquilidade en momentos ou partidos puntuais. “Hai moitos campos complicados, pequenos, no que o rival se pecha e aí espero darlle a máxima calma que poida aos compañeiros, porque polo resto o equipo está máis que capacitado para ascender”, remarcou.

Nese paso que lle faltou dar aos nosos nas fases de ascenso, Baleato considera que, se ben ter xogado moitas axuda a aprender dos erros, tamén marcan moitos outros factores. “Os playoffs son moi complicados e pese a experiencia, inflúen moito os cruces e chegar ben a ese momento. Os rapaces levan varios anos loitando e estarán mellor preparados có anterior e có anterior”, apuntou.

A maiores, outro dos puntos que destaca Baleato da SD Compostela son as súas instalacións, factor que tamén pesou á hora de decidirse. “En xeral, hai moita diferencia entre adestrar e xogar en artificial ou natural. Todos queremos xogar en herba porque facilita moito o xogo e castiga moito menos”, concluíu.

Por último, sinalou que pode adaptarse tanto ao posto de medio centro como de central, posicións que alternou durante a súa carreira, e asegurou que conta de ter unha rápida adaptación xa que coñece a moitos xogadores, algúns, como no caso de Samu ou Brais Abelenda, desde moi pequenos.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

13 hours ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.