O Compos cae con dez no Vao

17 de Marzo de 2025
Manu Barreiro tivo unha gran ocasión para abrir o marcador.
Samu volveu a exercer de líder no centro do campo do Compos.
Ocaña foi expulsado no minuto 35.
Rabanillo, nunha acción do partido.
Once do Compos no Vao para medirse ao Coruxo.
  • A expulsión de Ocaña, tras un bo inicio do Compos, marcou o duelo no Vao

Vigo, 16 de marzo de 2025

A SD Compostela caeu no Vao nun derbi marcado pola expulsión de Ocaña na primeira metade. 2-0 final contra o Coruxo que impide aos nosos saír dos postos baixos da táboa.

No derbi do Vao, o Compos saltou ben ao terreo de xogo, gozando de dúas moi boas oportunidades na primeira media hora. Markitos atopouse cunha parada milagrosa de Alberto e a Manu Barreiro escapóuselle un disparo coa esquerda desde dentro da área.

Esa falta de acerto penalizouna o Coruxo co tanto de Willy, aos 25 minutos, despois dunha longa condución, abrindo vinte minutos fatídicos para os compostelanistas, xa que dez máis tarde chegaría a vermella directa a Ocaña e, na última acción do primeiro acto, os locais anotaban o segundo a balón parado.

Na segunda metade, cun menos, o Compos foi quen de levar o peso do partido, tendo máis preto recurtar distancias que encaixar outro gol. A máis clara tívoa Hugo Matos, tras unha gran xogada, pero atopouse, no seu disparo desde o punto de penalti, coas pernas dun defensa. O tanto non chegou, polo que os nosos non puideron tampouco igualar o goalaverage.

Trala derrota non queda outra que levantarse porque este mércores chega un novo derbi para tentar sacar a cabeza. Será contra o Fabril, ás 21.00 horas, no Vero Boquete, no duelo aprazado polo temporal.

FICHA TÉCNICA

2 – Coruxo FC: Alberto; Terranova (Brais Penela, min.86), Guido, Borja, Naveira; Andriu; Álex Pérez (Hugo Rodri, min.86), Borja Domínguez (Nacho Fariña, min.59), Willy Ibáñez, Álex Rey (Fer, min.59); e Añón (Serrano, min.69).

0 – SD Compostela: Rabanillo; David Soto, Álvaro Casas, Ocaña; Roque (Santi de Prado, min.46), Fausto Tienza (Selasi, min.77), Samu (Hugo Matos, min.46), Manu Rivas; Markitos (Carlos Pérez, min.56), Fer Cano, e Manu Barreiro (Iker Gil, min.56).

Goles: 1-0: Willy Ibáñez, min.25; 2-0: Borja, min.45+1.

Árbitro: Expulsou a Ocaña (min.35) con vermella directa. Ademais, amoestou a Borja Domínguez, polo Coruxo; e a Santi de Prado, polo Compos.

Incidencias: Campo do Vao (Vigo). Xornada 27 do Grupo 1 da Segunda RFEF disputado ante uns 500 espectadores. Gran presenza de afeccionados do Compos.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.