Analizamos ó rival do Compostela na 9ª xornada: Así é o Burgos C.F

16 de Outubro de 2015

burgos - composO Burgos é outro dos chamados “histórico” do fútbol español, que actualmente milita na división de bronce, tras unha longa e dilatada traxectoria en 1ª e 2ª división. Fundado no ano 1922, non logrou consolidarse en 2ª división ata a década dos 50. En 1964 construiuse o Estadio Municipal O Plantío, que é onde actualmente xoga o Burgos. Na década dos 70  é cando o Burgos vive a súa etapa dourada, militando en 1ª división durante catro tempadas, contando con Juanito como líder e emblema daquel equipo.

Logo daqueles anos de gloria, chegaron os descensos, as decepcións, a crise sobre o club acentuouse ata o punto de que estivo a piques de desaparecer. Na actualidade, o club castelán preséntase como un dos equipos de maior potencial no Grupo I da Segunda División B.

Actualmente é undécimo na clasificación con tres vitorias, dous empates e tres derrotas. Con esta bagaxe, o Burgos C.F. recibirá este domingo á S.D. Compostela no Plantío; un campo que os santiagueses visitarán coa idea de mudar a súa actual situación. No Plantío os homes de Iñaki Alonso buscarán o primeiro triunfo a domicilio.

O partido será dirixido polo colexiado D. Hugo José López Porta, do Comité Territorial Madrileño.

Para aqueles afeccionados que queiran desprazarse a Burgos, o prezo das localidades é o seguinte:
Tribuna: 20€
Lateral e Fondos: 15€
Ata 14 anos: 5€ en Fondos e 7€ en Tribuna

Youtube

Instagram Compos

Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Xa dispoñible á venta a nova camiseta do Compos!!🙌 Na #compostenda ou na web de Fútbol Emotion 📲 www.futbolemotion.com/es/categoria/colectivos/equipaciones-s.d.-compostela🎟️ RECORDA que se eres abonado, tes un 10% de desconto!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 Remata a primeira proba da pretempadaCOMPOS 0️⃣-4️⃣ RC Deportivo👏 Moi boa imaxe dos nosos na casa na estrea de Carlos de LermaPrimeiros minutos para as novas fichaxes e moita presenza da @cantpicheleira📸 Ignacio Castaño Gómez#composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 0️⃣-1️⃣ Real Club Deportivo de La Coruña 👉 Chegamos ao tempo de lecer no Vero Boquete! Moi boa imaxe dos nosos nestes primeiros 45 minutos!#composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
👏👏👏 Unha lenda, a nosa lendaGRAZAS, @samurodriguez14Sempre serás unha parte deste escudo ©️🩵🤍#composdépor ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
👏👏👏 Unha lenda, a nosa lendaGRAZAS, SamuSempre serás unha parte deste escudo ©️🩵🤍#composdépor ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.