A S.D. Compostela perde ante o Guijuelo a pesar da súa insistencia en ataque

26 de Outubro de 2015
DSC_0122
                                                                                      Fotografía: Amadeo Rey

S.D. COMPOSTELA (0): Pato, Jesús Varela, Jimmy, Sergio Sánchez, Catú, Marcos Rodríguez, Goti-(Javi Moreno), Mon-(Dani Hernández), Chiño-(Orbegozo), Joaquín, Rubén Sánchez.

C.D. GUIJUELO (1): Kike, Raúl, Aitor Aspas, Ramiro, Jonathan, Javi Rey, Carlos Ramos (1)-(Chema Antón), R. Palazuelos, Nacho-(Carlos de la Nava), Julián Luque, Néstor-(Piojo).

Non era un rival fácil o de hoxe para a S.D. Compostela que se enfrontou ao Guijuelo, o segundo da clasificación. Con todo, os homes de Iñaki Alonso fixeron fronte aos de Salamanca, pero faltou a fortuna do gol.

O partido comezou co Compostela como protagonista. A primeira ocasión en San Lázaro tívoa Goti nos seus pés cando no minuto 7 disparou a portería dende a frontal do área, pero Kiko, o porteiro do Guijuelo, logrou atrapar o esférico. Non tardou en intentalo Rubén Sánchez, que no minuto 9 disparou raso a portería, pero outra vez Kiko, atrápao pegado ao primeiro poste.

O Compostela non deixou de dominar e buscar a súa oportunidade incidindo polas bandas, onde Goti e Rubén Sánchez imprimían velocidade para levar o balón á área contraria e xerar continuo perigo, pero sen lograr o acerto final.

A oportunidade máis clara para os blanqui-azuis chegou no minuto 30, cando o canterano Chiño, tras un pase de Jesús Varela, disparou raso e con decisión á portería dos salmantinos, pero Kiko atrapouno, esta vez por moi pouco, ao escurrírselle o balón das mans e dar co poste.

O gol resistíase ao Compostela, pero o equipo santiagués non estaba disposto a darlle opcións ao Guijuelo e dominaba sobre a área contraria. Intentouno de novo Goti no minuto 34, pero topouse coa defensa rival que despexou o seu lanzamento. Tamén Jesús Varela, rápido pola banda, logrou centrar para Joaquín, pero o disparo non saíu con forza das botas do cordobés e o porteiro do Guijuelo puido atrapar o balón sen maiores dificultades.

Os xogadores de Rubén da Barreira manexaban unha boa defensa e intentaban desgastar ao Compostela co balón, con todo aínda non tiveran ningunha ocasión de gol. Pero no minuto 42, na súa primeira chegada e aproveitando un rexeite, Carlos Ramos puxo ao Guijuelo por diante no marcador cun 0-1 antes do descanso.

No segundo tempo o Compostela non desistiu e intentou presionar máis arriba, pero as cousas puxéronse difíciles cando o árbitro sacou unha segunda tarxeta amarela a Marcos Rodríguez por unha suposta man. Unha situación que deixou aos de Iñaki Alonso en desventaxa con dez homes no campo. Con todo, os locais non desistiron e continuaron insistindo sen atopar a definición final.

Pola súa banda o Guijuelo diminuíu o ritmo e apertou na defensa, situación que freou calquera oportunidade do Compostela. A mellor ocasión para lograr o empate tívoa Dani Hernández no minuto 81 cun disparo a portería que despexou o porteiro do Guijuelo cos puños.

O equipo visitante intentouno no desconto, tras unha xogada de Luque que liquidou Pato. Ao final os de Rubén de la Barrera lograron levarse os tres puntos con tan só dous disparos a porta.

Na roda de prensa posterior ao encontro, Iñaki Alonso, insatisfeito co resultado, pero valorando o esforzo do persoal sostivo que “hoxe aos meus xogadores non lles podo dicir nada. Con dez homes, tivemos a entereza de poñer en problemas ao Guijuelo”. O técnico valorou ademais que “o máis importante das últimas xornadas é que o equipo non se cae”.

A S.D. Compostela viaxará a próxima xornada para enfrontarse ao Cacereño. Encontro que terá lugar o próximo día 1 de novembro ás 12:00 no Estadio Príncipe Felipe.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

4 hours ago

SD Compostela
ℹ️ vs Real Club Deportivo de La Coruña👉 𝐀𝐩𝐞𝐫𝐭𝐮𝐫𝐚 de Portas e do Despacho de Billetes (no caso de que queden localidades)🕡 18:40h👉 𝐏𝐨𝐫𝐭𝐚𝐬 𝐝𝐞 𝐀𝐜𝐜𝐞𝐬𝐨Tribuna: 2 e 16Preferencia: 9Fondo Norte: 6🎟️ As entradas, mentres non se esgoten, tamén se poden mercar online!📲 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/📸 Nacho Castaño#composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 hours ago

SD Compostela
𝒖𝒏 𝒖𝒍𝒕𝒊𝒎𝒐 𝒃𝒂𝒊𝒍𝒆 🩵🤍🆚 Real Club Deportivo de La Coruña 🕗 20:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🥹 O noso Samu vestirá a branquiazul por última vez sobre o verde do Vero Boquete👏 Unha merecida homenaxe a nosa lenda!#composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
🌞⚽️ Primeiros días de adestramentos completados👨‍🏫 Mañá, primeira proba para os nosos, na estrea de Carlos de Lerma na nosa casa📸 Ignacio Castaño Gómez#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

24 hours ago

SD Compostela
🎙️ Edu Sousa e Manu Rivas🩵🤍 Os novos futbolistas da SD Compostela para a Tempada 26/27 foron presentados esta mañá na tenda Bulideira📹 youtu.be/AHco3s3Zqqw👉 Portando as novas camisetas para este curso, falaron da súa fichaxe, da pretempada ou do amigable de mañá ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🩵🤍 A nova camiseta do Compos, un recordo á historia 📸 Coa marca Xacobeo 2027 no peito, a nova indumentaria foi presentada esta mañá na tenda Bulideira, no barrio de San Lázaro, onde quedará exposta🙌 Á venta, a partir do luns na Tenda Oficial e en Fútbol Emotionℹ️ sdcompostela.com/gl/2026/07/17/nova-camiseta-compos-historia-26-27/📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.