A S.D. Compostela ofrenda ó Apóstolo

2 de Novembro de 2015

DSC_0178A S.D. Compostela realizou esta mañá a ofrenda ao Apóstolo na Catedral de Santiago. Un acto oficiado polo Bispo Auxiliar, Don Jesús Fernández e no que o presidente do club, Antonio Quinteiro, pediu ao santo o amparo e a luz para seguir levando a ilusión a través do deporte.


Tras entrar ao templo pola entrada de Platerías, todo o persoal, corpo técnico, traballadores e xogadores da base asistiron á misa das 12:00 onde o Bispo recibiu ao club e procedeu ao acto litúrxico. O presidente da S.D. Compostela invocou ao Apóstolo Santiago nunha lectura na que resaltou que “o equipo, con moita satisfacción, leva por toda a xeografía de España o teu nome coa unidade que nos caracteriza e do mellor xeito que sabemos facer: xogando ao fútbol”. Quinteiro destacou tamén que “temos o honor de levar na nosa camiseta o símbolo do teu apostolado, a cruz de Santiago, que levamos con moitísimo orgullo”.

O Bispo, Don Jesús Fernández, dirixiuse ao equipo animando e recordando a responsabilidade de dar un paso á fronte. “A competición é longa e ofrece sempre novas oportunidades. Formades parte dunha historia brillante e levades un escudo do que debedes sentir san orgullo”.

Tralo discurso litúrxico os presentes puideron ver funcionar o botafumeiro, momento que sorprendeu a moitos que non tiveran aínda a oportunidade de presencialo. Ao finalizar, os tres capitáns entregaron ao Bispo unha camiseta do club asinada por todo o equipo a modo de ofrenda e unha bufanda oficial da que fixeron entrega dous xogadores da base.

Logo da foto oficial da familia do Compostela no altar maior, todo o plantel, corpo técnico e directiva procederon ao tradicional abrazo ao Apóstolo.

Un acto que se enmarca dentro do convenio asinado recientemente coa Fundación Catedral de Santiago a través do cal se fomenta os valores da cultura e o deporte.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

20 hours ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Comezo da semana con dúas xornadas de descanso🏟️ Os nosos volverán ao traballo o mércores para preparar o inicio da 2ª volta coa visita ao Barco#barcocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎂 Hoxe temos de aniversario a un dos nosos, Mateo 🩵🤍Moitos parabéns, 𝐌𝐚𝐭𝐞𝐨!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🖤 Desde a SD Compostela queremos trasladar o noso pésame ás familias e amizades das persoas falecidas no tráxico accidente ferroviario de Adamuz (Córdoba), así como o noso apoio aos feridos e ás persoas que continúan traballando no lugar ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Quinta vitoria seguida para un Compos que é máis líder e que pecha a primeira volta invicto👉 sdcompostela.com/gl/2026/01/18/quinta-vitoria-compos-3-1-lider/📸 Nacho Castaño#composviveiro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Secho ⚽️ O técnico do Compos valorou un novo triunfo na casa, 3⃣-1⃣ ante o Viveiro, para pechar a primeira volta invictos#composviveiro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.