A S.D. Compostela ofrenda ó Apóstolo

2 de Novembro de 2015

DSC_0178A S.D. Compostela realizou esta mañá a ofrenda ao Apóstolo na Catedral de Santiago. Un acto oficiado polo Bispo Auxiliar, Don Jesús Fernández e no que o presidente do club, Antonio Quinteiro, pediu ao santo o amparo e a luz para seguir levando a ilusión a través do deporte.


Tras entrar ao templo pola entrada de Platerías, todo o persoal, corpo técnico, traballadores e xogadores da base asistiron á misa das 12:00 onde o Bispo recibiu ao club e procedeu ao acto litúrxico. O presidente da S.D. Compostela invocou ao Apóstolo Santiago nunha lectura na que resaltou que “o equipo, con moita satisfacción, leva por toda a xeografía de España o teu nome coa unidade que nos caracteriza e do mellor xeito que sabemos facer: xogando ao fútbol”. Quinteiro destacou tamén que “temos o honor de levar na nosa camiseta o símbolo do teu apostolado, a cruz de Santiago, que levamos con moitísimo orgullo”.

O Bispo, Don Jesús Fernández, dirixiuse ao equipo animando e recordando a responsabilidade de dar un paso á fronte. “A competición é longa e ofrece sempre novas oportunidades. Formades parte dunha historia brillante e levades un escudo do que debedes sentir san orgullo”.

Tralo discurso litúrxico os presentes puideron ver funcionar o botafumeiro, momento que sorprendeu a moitos que non tiveran aínda a oportunidade de presencialo. Ao finalizar, os tres capitáns entregaron ao Bispo unha camiseta do club asinada por todo o equipo a modo de ofrenda e unha bufanda oficial da que fixeron entrega dous xogadores da base.

Logo da foto oficial da familia do Compostela no altar maior, todo o plantel, corpo técnico e directiva procederon ao tradicional abrazo ao Apóstolo.

Un acto que se enmarca dentro do convenio asinado recientemente coa Fundación Catedral de Santiago a través do cal se fomenta os valores da cultura e o deporte.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Sexta vitoria seguida para un Compos que é máis líder e que pecha a primeira volta invicto👉 sdcompostela.com/gl/2026/01/18/sexta-vitoria-compos-3-1-lider/📸 Nacho Castaño#composviveiro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Secho ⚽️ O técnico do Compos valorou un novo triunfo na casa, 3⃣-1⃣ ante o Viveiro, para pechar a primeira volta invictos#composviveiro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 3️⃣-1️⃣ VIVEIRO C.F. ⚽️⚽️ Maceira | ⚽️ CañiUNHA VITORIA MÁIS PARA OS NOSOS E XA SON 6️⃣ CONSECUTIVAS 🩵🤍🩵🤍🩵🤍🩵🤍A mellor maneira de pechar a primeira volta, na que acabamos invictos 💪💪💪💪💪💪💪📸 @nacho_castano_#composviveiro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 hours ago

SD Compostela
⏱️ COMEZOU a 2ª metadeA pola remontada! 💪⚽️📸 Nacho Castaño #composviveiro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 hours ago

SD Compostela
🩵🤍🩵🤍🩵🤍🩵🤍🩵🤍©️ Samu Rodríguez2️⃣5️⃣0️⃣ partidos👉 O capitán recibiu antes do partido unha camiseta conmemorativa polo número de partidos xogados co Compos#composviveiro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.