O C.D. Lealtad derrota á S.D. Compostela tras remontar na segunda parte

15 de Novembro de 2015
Lealtd slider
 Fotografía: Amadeo Rey

 

C.D. LEALTAD (3): Porrón, Keko-(Raúl Aguilar), Lobato, Omar, Alex Blanco, Mendi, Alex, Álvaro Muñiz-(Jorge)(1), Camochu (1), Pablo Espina, Pedro Beda-(Michel)

S.D. COMPOSTELA (1): Pato, Josu (1)(Jesús Varela)(propia meta), Jimmy, Sergio Sánchez, Catú, Javi Moreno, Goti, Marcos Rodríguez, Orbegozo-(Gerard Oliva), Dani Hernández-(Fondevila), Mon.

 

A S.D. Compostela tivo a oportunidade de levarse os tres puntos en liza do campo do Lealtad, pois o conxunto santiagués tíñao todo ao seu favor tras poñerse por diante no marcador no minuto 3 cun gol de Josu. O ourensano logrou adiantar á Esedé na primeira chegada ao área rival, cun remate axustado co interior desde o punto de penalti que sorprendeu ao porteiro local.

O gol tempranero outorgou confianza e tranquilidade aos de Iñaki Alonso, -hoxe dirixidos por Adrián Boo, tralo partido de sanción que tivo que cumprir o técnico do Compostela-.
Con desventaja no marcador, os locais intentaron levar a iniciativa do partido pero o Compostela non se encerrou. De feito, no minuto 16, Dani Hernández puido facer o segundo gol pero o seu remate de cabeza atopou a boa intervención de Porrón, o porteiro do Lealtad.

Nesta fase do partido, o conxunto local buscou o empate con constantes acometidas no área de Pato. Camochu foi o xogador máis incisivo no Lealtad; un rival que ata o momento non coñece a derrota na seu feudo.

O Compostela foise ao descanso con vantaxe no marcador pero na segunda parte o partido deu un xiro inesperado. O Lealtad apertaba e a Esedé comezou a ver condicionado o seu xogo polas amonestacións en forma de tarxeta amarela para Sergio, Mon e Marcos.

O empate dos asturianos chegou no minuto 65. Centro dende a banda dereita que atopa o remate certeiro e libre de marca de Jorge. O Compostela acusou o tanto e só dous minutos despois, encaixaba o segundo gol. O Lealtad lograba darlle a volta ao marcador en visto e non visto; demasiado premio para os méritos que ata entón fixeran os dous equipos.

Co marcador en contra, o Compostela intentou buscar a portería rival. No minuto 85, Gerard Oliva dispuxo da mellor ocasión para lograr o empate. O dianteiro da esedé fixo un bo control no área pero faltoulle rapidez á hora de definir.

O partido decidiuse definitivamente a favor dos locais no minuto 86. Un centro raso dende a banda dereita non atopou a intercepción de Pato e involuntariamente Jesús Varela, ao intentar despexar, mandou o balón á rede.

Logo desta derrota o Compostela céntrase nos tres derbis consecutivos que deberá afrontar. A próxima xornada o cadro Santiagués recibirá en San Lázaro ao Celta ‘B’, un rival directo e unha nova oportunidade de reivindicarse no seu campo.

 

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

17 hours ago

SD Compostela
📋 𝐂𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐛𝐚𝐢𝐱𝐚 Porrúa e o Compos separan os seus camiñosMoitas grazas polo teu traballo e esforzo e moita sorte para o futuro, Pablo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos desfrutan hoxe da xornada de descanso, para comezar a preparar desde mañá o último encontro da primeira volta🏟️ Cinco sesións para buscar o triunfo na estrea na nosa casa neste 2026#composviveiro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 O Compos iniciou o 2026 da mellor maneira: nova vitoria para seguir invictos e nova portería a cero👉 sdcompostela.com/gl/2026/01/11/dobrete-anton-guisande-0-2-2026/📸 Nacho Castaño #estradensecompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALClub Deportivo Estradense 0️⃣- 2️⃣ COMPOS⚽️⚽️ Antón GuisandeA MELLOR MANEIRA DE COMEZAR O 2026! 🩵🤍🩵🤍🩵🤍🩵🤍Cuarta vitoria seguida e de novo coa portería a cero 💪💪💪💪💪📸 Nacho Castaño #estradensecompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⏱️ COMEZOU a 2ª metade 💪⚽️ Seguimos ata o final📸 Nacho Castaño #estradensecompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.