O adestrador da base, Alberto Mariano, farase cargo provisionalmente da dirección do primeiro equipo

17 de Novembro de 2015

Mariano primer entreno 2O adestrador da base do equipo de Liga Nacional Xuvenil, Alberto Mariano, formará parte do corpo técnico poñéndose á fronte do primeiro equipo ata que a área deportiva da S.D. Compostela tome as valoracións oportunas.

Mariano, que conta co título de adestrador nacional Uefa Pro, coñece desde dentro o funcionamento do club tras cinco anos dirixindo os equipos das categorías inferiores. Dende o Alevín, pasando polo Infantil e o Xuvenil ‘A’.

A S.D. Compostela deposita toda a confianza en Mariano e considera que ten as aptitudes e capacidades necesarias para, xunto ao resto do corpo técnico, porse á fronte do primeiro equipo mentres dende a directiva valóranse as posibilidades do mercado sen por en risco a traxectoria do equipo en Segunda División B.

Esta tarde Mariano foi presentado por parte da directiva a todo o persoal e corpo técnico e procedeuse a un primeiro adestramento para preparar o partido de cara á próxima xornada, que enfrontará este domingo á S.D. Compostela co R.C. Celta ‘B’.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

11 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Queremos darlle continuidade ao noso gran inicio de mes!⚽️ 𝐗𝟏𝟒🆚 Atlético Coruña Montañeros 🗓️ Sábado, 13 de decembro🕓 16:00 horas🏟️ Elviña GrandeEste sábado, apoia aos nosos na Coruña para conseguir unha importante vitoria! 🙌🫂#atléticocoruñacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

15 hours ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos regresan mañá ao traballo para preparar unha nova saída na Liga🏟️ As sesión serán en artificial, dúas na Escrivitude e a última nas Cancelas#atléticocoruñacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso segundo adestrador, Fiz Rodríguez 🩵🤍Moitos parabéns, 𝐅𝐢𝐳!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍👉 O Compos é máis líder tras gañar 1⃣-0⃣ ao Arosa SC na casa👉 sdcompostela.com/gl/2025/12/07/compos-lider-1-0-maceira-casa/📸 Nacho Castaño#ComposArosa ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Secho⚽️ O técnico do Compos valorou a vitoria dos nosos na casa, 1⃣-0⃣, contra o Arosa SC #ComposArosa ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.