A S.D. Compostela sofre unha derrota ante a Arandina no último partido da primeira volta

2 de Xaneiro de 2016
partido Arandina
                       Fotografía: Amadeo Rey

A S.D. Compostela disputou un encontro importante ante a Arandina C.F. O equipo santiagués tiña a oportunidade de levarse os tres puntos no último partido da primeira volta ante o equipo con máis goles encaixados do grupo 1.

O Compostela tivo a súa primeira oportunidade ao pouco de empezar o encontro cando no minuto 2 Dani Hernández colocaba o balón para Orbegozo desde a banda dereita, pero o dianteiro vasco non chegou por moi pouco para finalizar a xogada. Tamén a Arandina respondeu no minuto tres cun remate de cabeza de Pau Franch que Pato lograba atrapar sen problemas.

Joaquín tivo as mellores ocasións para marcar, pero non lle acompañou a fortuna e os seus dous disparos acabaron golpeando o poste. O primeiro cunha falta lateral escorada que se foi directo á cruceta e o segundo cun saque de córner que se volveu a atopar co pau.

Os de Javier Bermúdez tamén dispoñían de ocasións sen fortuna. No minuto 37 Carlos lanzaba un potente disparo que Pato logrou desviar cara ao pau. Moitas ocasións, pero os goles non chegaban e ambos equipos marcháronse con empate sen goles ao descanso.

Tralo paso por vestiarios o equipo de Aranda del Duero volveu con maior intensidade e cunha boa acción de Pau Franch que lograron frear preto da portería os de Alberto Mariano. Pero o xogador do Arandina non desistía e no seu terceiro intento atopou o seu recompensa en forma de gol. Un control no área pequena que acto seguido resolveu virándose e rematando raso xunto ao pau sen que Pato puidese facer nada.

A Esedé non desistiu na procura do empate e Portela tivo a mellor oportunidade no minuto 59 nun man a man con Diego, o porteiro da Arandina; pero o guardameta, moi áxil de reflexos, logrou sacar o disparo de socato de Portela.

O técnico da S.D. Compostela buscaba a reacción dos seus homes e concedeu minutos a Chiño e a Juan Rei en busca de maior velocidade para finalizar as xogadas. Pero a escadra santiaguesa sofreu un contratempo no minuto 75 coa expulsión por vermella directa de Dani Portela tras unha dura entrada sobre Carlos, da Arandina.

A inferioridade numérica deixaba con poucas opcións á S.D. Compostela que foi incapaz de alcanzar a igualada. O adestrador da Esedé, Alberto Mariano, mostraba o seu descontento en sala de prensa ao ver “un equipo inconexo sen ser capaz de materializar esas ocasións”. De cara á segunda volta Alberto Mariano considera que “temos que dar un paso sobre todo de carácter; de ser equipo”.

A próxima xornada a S.D. Compostela iniciará a segunda volta, de novo en casa e ante a U.D. Logroñés. Un encontro que se disputará o domingo 10 de xaneiro ás 16:30h.

 

FICHA TÉCNICA:

S.D. COMPOSTELA: Pato, Josu, Jimmy, Portela, Sergio Sánchez, Marcos Rodríguez, Jordan, Fondevila-(Mon. Min 45), Orbegozo-(Chiño. Min 63), Joaquín, Dani Hernández-(Juan Rey.Min 70).

ARANDINA C.F. (1): Diego, Sergio, Mauri, Pajarero, Pablo, Gonzalo, Ruba, Ochoa-(Arturo. Min 84), Pau Franch, Nico-(Javilillo. Min 69), Carlos-(Adri. Min 77).

GOLES: Pau Franch (0-1 min 51)

ÁRBITRO: Gustavo Rebollo López do Comité Territorial Catalán. Amonestou con vermella directa a Dani Portela (min. 75)  y con amarela a Joaquín (min. 23) pola S.D. Compostela e pola Arandina con cartón amarelo a Mauri (min. 63).

INCIDENCIAS: Partido correspondente á 19 xornada do grupo I de Segunda División `B’ disputado no Estadio Municipal de San Lázaro con 820 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
⚽️ 𝐗𝐨𝐫𝐧𝐚𝐝𝐚𝐬 𝐝𝐞 𝐩𝐨𝐫𝐭𝐚𝐬 𝐚𝐛𝐞𝐫𝐭𝐚𝐬 na 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚!!!🙌 Ven probar á SD Compostela ou ao Conxo Santiago neste mes de xuño e desfruta da experiencia da nosa canteira!!!⚽️ Adestramentos gratuítos para tod@s!!! Infórmate!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
💙 Queremos felicitar ao noso 🧙‍♂️ de Monterroso, 𝐏𝐚𝐛𝐥𝐨 𝐀𝐧𝐭𝐚𝐬, que esta semana foi pai dunha nena!!! 👶🫶 Parabéns, familia!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️𝐌𝐚𝐧𝐞𝐥 𝐌𝐞𝐧é𝐧𝐝𝐞𝐳, novo adestrador da SD Compostela!!!💪 O técnico, coñecedor da categoría e con gran experiencia no fútbol profesional, chega ao Compos tras tres grandes campañas no Marino!!! ✍️ bit.ly/FichaxeManelCompos 💙 Benvido a Compostela, Manel!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🤝 Este semana visitamos aos nosos amigos de Clínica & akt para facerlle un agasallo polo bo trato e o coidado dos nosos xogadores!🙌 Por exemplo, o seu tratamento coa tecnoloxía Indiba Activ foi fundamental para acelerar a recuperación de Pato!🦶 Ademais, os seus estudos biomecánicos da pisada permiten aos nosos coidar a súa saúde!💙 Moitas grazas por seguir un ano máis ao noso carón!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.