Analizamos ó rival da xornada 20: Así é a U.D. Logroñés

7 de Xaneiro de 2016

 

10-01-2016 sd vs logrones

 

Esta fin de semana comeza a segunda volta da Liga e a S.D. Compostela enfrontarase á U.D. Logroñés este domingo (16:30h) en San Lázaro. O equipo rioxano suma uns números destacables: Sete xornadas consecutivas sen perder que o colocan no segundo posto da táboa a catro puntos do líder, o Rácing de Ferrol.

Os de Alberto Mariano deberán superar á mellor defensa do grupo para lograr o ansiado gol. Con dez tantos en contra, a U.D. Logroñés é o equipo con menos goles encaixados. Ante estes números ao equipo galego preséntaselle o difícil reto de lograr sumar tres puntos para empezar a saír do farolillo vermello.

O técnico compostelano perde a Dani Portela para este partido, sancionado con dous encontros polo Comité de Competición, pero terá ao resto do seu persoal dispoñible para iniciar a segunda volta. Os afeccionados da Esedé estarán expectantes ante o posible debut de ‘Bicho’ e o regreso de Manu Rodríguez a San Lázaro.

Será, sen dúbida, un encontro disputado no que ambos equipos pelexarán os tres puntos con motivacións diferentes:

O Logroñés para achegarse ao liderato do grupo e o Compostela para labrar o camiño da salvación. Tralo 3-0 da primeira volta que deixaba ao cadro compostelano sen opción de levarse o partido, os de Alberto Mariano teñen este domingo a oportunidade de reivindicarse no seu feudo.

Para este partido a S.D. Compostela activou unha promoción para abonados e non abonados. Todos os espectadores que acudan a San Lázaro poderán adquirir o viño oficial do club na venda anticipada de entradas.

Abonados:

Os abonados da S.D. Compostela poderán adquirir entradas para acompañantes a prezo reducido e facerse co viño do club, deste xeito:

-Pola compra dunha entrada regalaremos unha botella do noso viño oficial.

-Pola compra de dúas entradas regalaremos tres botellas do noso viño oficial.

En prezo das entradas para abonados será de 20€ en Tribuna e 15€ en Preferencia.

Non abonados:

-Pola compra dunha entrada regalaremos unha botella do noso viño oficial.

-Pola compra de dúas entradas regalaremos tres botellas do noso viño oficial.

O prezo das entradas para non abonados será de 25€ en Tribuna e 20€ en Preferencia.

A promoción só é válida para a compra de entradas anticipada nas oficinas do club que permanecen abertas de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 de luns a venres e de 10:00 a 13:00 sábados pola mañá.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ E o domingo, segunda xornada de liga e primeira viaxe da tempada🆚 Club Portugalete Fundado 1909 🗓️ Domingo, 13/09🕦 11:30 horas🏟️ La Florida📺 Football Club #portucompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

16 hours ago

SD Compostela
🔜🏆 Este mércores temos cita na nosa casa cos 1/16 da #CopaFederación🆚 CD DERIO 🗓️ Mércores, 09/09🕖 19:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Abonados - Gratis | Xeral - 10€ | Menores de Idade - 2€👉 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/#composderio ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
🤝🩵🤍 PARTIDO PATROCINADO🚗 🎟️ Mobify foi o patrocinador do #composmarino🙌 RECORDA! A compañía que lidera a mobilidade sostible en Galicia agasalla con 10€ de saldo aos abonados do Compos!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Volta ao traballo no San Lázaro IIToca repoñerse da derrota de onte, cunha semana na que teremos dobre cita: o mércores, na casa, coa #CopaFederación e o domingo, no País Vasco, coa Liga#composderio #portucompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️ CRÓNICAOs nosos cederon na casa no debut da Liga, nun encontro no que todo saíu cruz🏆 O mércores, unha reválida, tamén como locais, cos 1/16 da #CopaFederación👉 sdcompostela.com/gl/2026/09/06/compos-liga-0-3-marino/📸 Ignacio Castaño Gómez#composmarino ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.