A S.D. Compostela vence ao Izarra no regreso de Fredi a San Lázaro

23 de Xaneiro de 2016

foto Izarra

A cita de hoxe en San Lázaro ante o Izarra era importante para a S.D. Compostela si aínda quería seguir tendo opcións na loita pola permanencia. Os homes de Fredi sabíano e saíron dispostos a pelexar polos tres puntos.

A afección volveu gozar, non só dos ansiados goles, senón dun fútbol dinámico, solidario e de equipo. O Compostela dominou o partido desde os primeiros minutos buscando a verticalidade e abríndose pola bandas. A insistencia do conxunto local non tardou en ter a súa recompensa en forma de gol no minuto 20. Jordan adentrábase na área dende a banda dereita e abría o marcador cun potente zurdazo, raso e pegado ao pau.

O gol outorgou confianza e positivismo aos de Fredi Álvarez que seguían ameazando a portería do Izarra con boas accións de Chiño ou Manu Rodríguez, pero en ambos casos non atoparon o camiño do gol por moi pouco. O Compostela transmitía loita e solidariedade sobre o céspede e o público de San Lázaro sóuboo apreciar animando ao seu equipo ao longo de todo o encontro.

Tralo paso polos vestiarios o Izarra non tivo moito marxe de reacción; pois no minuto 51 chegaba o segundo gol do Compostela. Bicho marcaba o seu primeiro gol coa camiseta da Esedé aproveitando un bo pase de Chiño.
Co segundo gol os locais sentíronse máis cómodos, pero o Izarra intentou reaccionar. Pato rexeitaba coas mans e nunha gran estirada o primeiro disparo a porta do conxunto navarro dende a frontal da área no minuto 64.

O partido entrou nunha fase de alternativas e para o Compostela Josu e Jimmy tiveron a oportunidade de ampliar o marcador con dúas boas accións que non atoparon o camiño do gol.

Ao final o encontro finalizaba con dous goles a cero a favor do Compostela no regreso de Fredi a San Lázaro. O técnico do Morrazo mostrábase moi contento pola vitoria, pois nun equipo minado pola derrotas “a confianza e ver que podes chegar é moi importante para o bloque”. Malia a vitoria Fredi evita triunfalismos: “isto é un pasito, quédanos un longo camiño, pero é importante porque todos os que saíron baleiráronse no terreo de xogo”.

A partir de mañá o equipo xa empezará a pensar na próxima xornada ante o filial do Sporting de Xixón. O encontro disputarase o vindeiro domingo, 31 de xaneiro, ás 12:00 na Escola de Fútbol de Mareo.

Fotografía: Amadeo Rey

Ficha técnica:

S.D. COMPOSTELA. (2): Pato, Josu, Jimmy, Javi Moreno-(Marcos R., min 59), Catú, Sergi Sánchez, Jordan (1) – (Joaquín, min 82), Manu Rodríguez, Chiño, Bicho- (1)- (Fondevila, min 74), Goti.

C.D. IZARRA (0): Aitor, Briñol, Cacho, Cabrera, Prendes-(Íñigo García, min 58), Javi Herreros, Bruno-(Iván Garrio, min 67), Maestresalas-(Francis Suárez, min 67), Galán, Yoel, Julen.

GOLES: 1-0 (Min 19), 2-0 (Min 51)

ÁRBITRO: Juan Luis Pulido Santana del Comité Territorial de Las Palmas sancionó con tarjeta amarilla a Javi Moreno (Min 7), Chiño (Min 36), Bicho (Min 51) y Pato (Min 60) por parte de los locales. De C.D. Izarra amonestó con tarjeta amarilla a: Yoel (Min 26), Cabrera (Min 68), Maestresalas (Min 43) y Galán (Min 74).

INCIDENCIAS: Partido disputado en el Estadio Municipal de San Lázaro ante 748 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

7 hours ago

SD Compostela
𝐑𝐎𝐋𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐑𝐄𝐍𝐒𝐀🎥 Revive a presentación oficial de Manel Menéndez na Brasería A Grella!!!💙 O novo técnico da SD Compostela deu as súas primeiras declaracións nas instalacións do seu patrocinador oficial!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🙌 O Compos segue avanzando na súa dixitalización co novo patrocinio con Cluber App!!!💻 Grazas ao seu software de xestión, melloramos o servizo para a inscrición dos futbolistas, o cobro de cotas ou os trámites administrativos!!!💙 Benvidos ao Compos!!!#PatrocinioCluber ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🤝 Grazas Bodegas sampayolo polo voso apoio e compromiso durante esta Tempada!!!🙌 Grazas por formar parte do noso proxecto e por confiar e crecer da man do Compos!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🦷 En Clínica Baltar, a 𝐂𝐥í𝐧𝐢𝐜𝐚 𝐃𝐞𝐧𝐭𝐚𝐥 𝐎𝐟𝐢𝐜𝐢𝐚𝐥 da SD Compostela estamos nas mellores mans para coidar a nosa saúde bucodental!!!🪥 O último en visitar as súas instalacións foi Samu Rodriguez para coñecer os seus servizos e tratamentos!!! Recorda que como abonado contas con descontos especiais!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.