Dous xogadores da zona medular para o Compos

13 de Xullo de 2016
Diego Rey con la SD en la temporada 2013/14
Diego Rey coa SD na temporada 2013-14. Imaxe: La Voz de Galicia
  • Álex Ube e Diego Rey novas incorporacións da SD

Santiago de Compostela, ao 13 de Xullo de 2016.

A SD Compostela chegou a un acordo na tarde de onte con Álex Ubeira Millán “Ube” e Diego Rey Fernández, para a súa fichaxe por unha campaña co cadro compostelán.

Ube (10/08/1998) chega procedente do Celta Xuvenil de División de Honra, co que aínda lle restaba un ano de contrato, pero do que decidiu despedirse por motivos académicos. O xogador vigués comeza este ano os seus estudos de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, polo que lle era incompatible seguir no cadro celeste, do que leva un grato recordo despois de pasar oito anos e medio alí.

O canteirán celeste, que pode actuar como pivote defensivo ou interior, destaca pola súa calidade para asociarse e o seu bo toque de balón. Un xogador que cumpre o perfil do que se desexa no conxunto vigués. A pesar de que non é un pivote que se caracterice pola súa contundencia e físico, supera esta desvantaxe cunha gran intuición e colocación, o que lle permite roubar moitos balóns. Ademais, cando actúa de interior aproveita a súa chegada e golpeo de balón para crear perigo na zona de tres cuartos.

Ube, que foi internacional sub 16 con España en marzo de 2014, completou o curso pasado o seu segundo ano en xuvenís, pero o primeiro en división de honra. Baixo as ordes de David de Dios, Ube foi un dos xogadores máis utilizados do Celta que acabou a liga cuarto, anotando incluso un gol na primeira volta da competición.

Pola súa banda, Diego Rey (27/07/1992) é un interior esquerdo que chega do Somozas, aínda que xa xogou unha tempada co Compos no 2013.

Aos seus 23 anos, Diego conta coa experiencia de xogar cinco anos en Segunda Divisón B e Terceira, ademais de formarse nas categorías inferiores do Lugo. Unha ampla bagaxe que o traen de volta ao club compostelán.

Nacido en Mieres (Asturias), Diego Rey xogou no Estradense, Somozas (dous cursos, un en Terceira e o pasado en Segunda B), SD Compostela e Atlético Levante.

No seu ano en Compostela, na tempada 2013/14, o interior esquerdo, que tamén pode actuar a banda cambiada, xogou 13 partidos, sendo titular en nove deles e marcando un gol, unhas cifras que o levarían ao filial do Levante, de Terceira División. Un ano máis tarde, Diego Rey regresa a Galicia da man do Somozas, equipo co que disputou outros trece encontros, sendo titular en cinco deles.

Con estas dúas incorporacións, a SD cobre dúas posicións que estaban vacantes, á vez que segue rastrexando o mercado en busca dos xogadores que desexan tanto Yago Iglesias como a comisión deportiva, para completar un plantel que conta xa con dezaseis efectivos.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

23 hours ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.